O BNG presenta unha proposta para fomentar a plantación de arbores autóctonas
"Un pequeno grao de area para cambiar a xestión forestal na localidade, dado que a Xunta, con competencias na xestión forestal e recursos parece que vai cara a outro lado"
Bergondo, a 6 de agosto de 2020. No pasado Pleno de xullo o concelleiro e portavoz nacionalista David Carro defendeu unha moción na que se propoñía que o Concello adquira un lote anual de árbores autóctonas para repartir entre a veciñanza que se comprometa a repoboar os seus montes con árbores desta tipoloxía e non plantar eucalipto durante un tempo prefixado. "Un pequeno grao de area para cambiar a xestión forestal na localidade, dado que a Xunta, con máis competencias e recursos parece que vai cara a outro lado" expuxo Carro.
“O eucalipto é unha especie con moitos factores negativos, como ser altamente inflamable ou unha plantación intensiva que impide que nazan outras especies; ademais estudos recentes desterran o mito de que é economicamente máis rendíbel” indicou o portavoz do BNG; “parécenos un bo momento para intentar mudar o noso monte xa que hai tempo que se levan a cabo gran número de talas, que previsiblemente aumentaran coa crise do COVID, xa que quen teña buscara na madeira ingresos extra” concluíu Carro.
O BNG lamentou que a súa proposta non saíra adiante xa que o PP e o PSOE votaron en contra desta proposta e alternativa dos veciños abstívose