ROPÓN CONVERTER AS INSTALACIÓNS EN DESUSO DO EDIFICIO LIGAL NUN VIVEIRO DE EMPRESAS E CENTRO DE TRANSFORMACIÓN AGROPECUARIA

O BNG impulsará a Lei galega de xestión dos parques empresariais galegos e un acordo de país para a reactivación económica tras a crise da COVID-19

Foto encontro Asociación empresarios Bergondo
Foto encontro Asociación empresarios Bergondo

Xosé Luís Rivas comprométese  a levar ao parlamento as demandas das pequenas e medianas empresas do Parque Empresarial de Bergondo e reclamar a conexión coa autoestrada

O BNG impulsará a Lei galega de xestión dos parques empresariais galegos e un acordo de país para a reactivación económica tras a crise da COVID-19

Santiago de Compostela, 9 de xuño 2020.-  O candidato do BNG pola provincia da Coruña, Xosé Luís Rivas (Mini), mantivo un encontro con respresentantes da Asociación de empresarios e Comunidade de  propietarios do Parque Empresarial de Bergondo, con  270 empresas  e unha superficie de millón de metros2.

O candidato nacionalista amosou o compromiso do BNG a impulsar “unha Lei galega para a xestión dos parques empresarias”  coa inclusión  de xuntas de conservación e garantizando os servizos ás empresas así como a presentación de iniciativas para a reforma da Lei estatal de Segunda oportunidade.

Rivas explicou  que “si algo deixou de manifestó a crise da Covid-19 é que Galiza precisa dun mercado de proximidade forte” e con grande presenza dos  pequenos produtores utilizando novas vías de  comercialización de productos galegos. Un deses novos recursos pode ser, dixo un “Amazón galego”.

O candidato do BNG, acompañado do concelleiro nacionalista no concello de Bergondo, David Carro, anunciou que o BNG  levará ao Parlamento galego as demandas dos empresarios e propietarios do Parque empresarial, entre as que destacou: a conexión co polígono industrial do Espíritu Santo, conectar o tráfico coa autoestrada “libre de  peaxes”, un informe técnico para dar resposta ás inundacións no período de chuvias  e potenciar a formación profesional adecuándoa ao mercado laboral. Neste sentido, asegurou que resulta “ilóxico” impartir cursos de 40 horas cando o mercado exixe legalmente cursos de 60 na maior parte das actividades. “Esta formación ten que estar regrada”  e adaptada á actividade da empresa, recalcou.

O BNG propón converter o LIGAL nun vivero de empresas

Xosé Luís Rivas tamén apostou por converter as instalación do antido LIGAL, na actualidade en desuso e abandonado, nun viveiro de empresas e centro de transformación agropecuaria ao servizo de pequenos produtores. Temos que poñer en valor os produtos galegos e pechar o ciclo produtivo coa súa transformación. “Non podemos conformarnos con producir, temos que trasformar os nosos produtos e beneficiarnos do valor engadido”.

Por outra banda, afirmou que non podemos continuar sendo un país de servizos, temos que impulsar o tecido industrial que conta con grande potencialidade, reiterou. Non podemos permitir que unha empresa afectada por un problema económico, como acabamos de ver coas consecuencias da Covid-19, peche as súas portas cando son  empresas viables e para iso urxe contar cun sistema financiero e “unha banca pública galega” que dea resposta ás necesidades das empresas.

Rivas remarcou  que Galiza precisa “dun gran acordo de país para revitalizar a  economía galega” e  amosou o seu convencemento en que o vindeiro 12 de xullo, se os galegos e galegas confían no BNG, moitas das medidas que agora propoñemos “serán unha realidade”.

Pola súa parte, a xerente da Asociación de empresarios do Parque empresarial de Bergondo, Ánxeles Santos apelou a intensificar a relación das institucións co empresariado galego para avanzar e levar adiante melloras na mobilidade e conexión do parque coa autoestrada e sen peaxe, resolver os problemas das inundacións provocadas polas chuvias,  incrementar de 40 a 60 horas os cursos de formación profesional  e acadar o 100% do pavimentado do parque.

O BNG impulsará a Lei galega de xestión dos parques empresariais galegos e un acordo de país para a reactivación económica tras a crise da COVID-19