O BNG presentou alegacións ao proxecto do Parque eólico Legre entre os concellos de Oza-Cesuras e Mesía
Desde o BNG alegaron que o Estudo de Impacto Ambiental debera ser único para todos os Parques Eólicos que comparten infraestruturas para avaliar o conxunto do impacto que todos os aeroxeneradores van supor, neste caso o macroparque Ordes-Curtis
Oza-Cesuras, 7 de abril de 2021. O BNG presentou alegacións ao proxecto do Parque eólico Legre, entre os concellos de Oza Cesuras e Mesía, no trámite de exposición pública previo ao estudo de impacto ambiental estratéxico. “O Parque eólico Legre son 7 aeroxeneradores de 6MW entre os concellos de Mesía e Oza-Cesuras, máis unha subestación e unha torre meteorolóxica”, explicaron desde o BNG.
“Este parque forma parte do Macroparque Ordes-Curtis, composto tamén polo PE Solpor, o PE Gasalla e a liña de alta tensión que conecta estes Parques e evacúa conxuntamente a enerxía producida neles á subestación do Mesón do Vento. É pois un único Parque que comparte as liñas de evacuación da enerxía”, indicaron desde o BNG. Polo tanto desde o BNG alegaron que o Estudo de Impacto Ambiental debera ser único para todos os Parques Eólicos que comparten infraestruturas para avaliar o conxunto do impacto que todos os aeroxeneradores van supor.
“A fragmentación dun PE é unha práctica fraudulenta cando se presenta un Estudo de Impacto Ambiental individual de cada un dos proxectos fragmentados, evitando unha avaliación global de todo o proxecto e das garantías esixibles”, engadiron.
Estudo de Sinerxias
“No estudo sinérxico recóllense os parques en tramitación e en explotación nun área de 15 quilómetros do PE Legre, non especifica sen embargo con que criterio se delimitan estes 15 quilómetros, obviando a existencia doutros parques en tramitación na zona como o PE Feás -8 aeroxeneradores no Monte do Gato entre os concellos de Coirós e Aranga- ou o PE Pena Ombra -10 aeroxeneradores nos concellos Curtis, Guitiriz e Sobrado- así como as LAT e liñas de alta para a evacuación da enerxía tanto destes parques como do Gasalla e Solpor cos que comparte estruturas ou cos outros 5 parques -Felga, Seselle, Gato, Fontella e Penas Boas- proxectados no Monte do Gato. Trátase dun estudo de sinerxías que non recolle a realidade do conxunto de aeroxeneradores que se proxecta instalar na zona e non ten validez como tal”, explicaron desde o BNG.
Impacto sobre o patrimonio