Concelleiros do BNG de Paderne e Irixoa reúnense co deputado Xurxo Couto para pedir melloras en varias estradas provinciais
Piden melloras de seguridade viaria na DP-0905 que atravesa zonas poboadas dos dous concellos. Pasos de peóns con tacos e sinais luminosas serían unha boa solución.
Betanzos, 21 de maio de 2021. O Deputado provincial do BNG comprometeuse a trasladar as solicitudes das veciñas e veciños ao responsábel da área de vías e obras para tratar de solucionar os problemas de seguridade que hai en varios puntos desta estrada que atravesa os dous concellos por zonas de vivendas e de servizos e que ten un intenso tráfico “creo que son melloras que se poden facer de xeito inmediato e que mellorarían moito a seguridade das veciñas e veciños desas contornas”.
O concelleiro do BNG de Irixoa Serxio Boado e o de Paderne Manel Pérez acompañados de veciñas e veciños e compañeiras e compañeiros do BNG das Mariñas percorreron xunto con Xurxo Couto a estrada e explicaron polo miúdo as propostas para as melloras. Concretamente na zona de Paderne consideran que habería que adoptar medidas para reducir a velocidade nun tramo en que hai unha limitación mais que non se respecta polo que habería que poñer sinalización horizontal que contribuíse a reducir a velocidade e sinais luminosas.
Nese tramo hai unha zona de pendente en que a visibilidade é moi mala polo que cómpre que se sinalice o mellor posíbel e se poñan medidas para limitar a velocidade. Segundo explicaron neste punto xa houbo coches que entraron en vivendas e a velocidade é moi elevada. Hai tamén que adoptar medidas no cruce que hai coa estrada provincial 6401 que vai a Loibo é que ten unha saída moi perigosa e case sen visibilidade.
En Irixoa é necesario sinalizar verticalmente, iluminar e colocar sinais luminosas na zona en que se cruza coa estrada comarcal . Segundo explicaron os concelleiros a moitos coches non respectan o cruce o que ocasiona graves problemas “ simplemente con sinalizar horizontalmente e luminosamente o cruce e os pasos de peóns melloraríase moito, tamén habería que poñer tacos nos pasos de peóns ou iluminalos axeitadamente” indicaron.
O Deputado do BNG e responsábel de Cultura na institución comprometeuse a tratar todas estas solicitudes co deputado responsábel da área “ considero que non debería ser ningún problema facer estas pequenas melloras que contribuirían e moito a que veciñas e veciños estivesen máis seguros e sobre todo tendo en conta que neses puntos