O ALCALDE PASARÍA DE COBRAR 1800 EUROS MENSUAIS EN 14 PAGAS O QUE RESULTARÍA UN GASTO ANUAL PARA O CONCELLO DE 22500 EUROS

Votamos en contra da subida nas horas de adicación e salario do alcalde e o concelleiro de obras

BNG IRIXOA
10-OUTUBRO-2019

Sen xustificar a necesidade deste incremento no gasto inclúeno no orzamento para o vindeiro ano 2020. Desde o BNG entendemos que un concello como Irixoa de 1300 habitantes ten outras necesidades máis urxentes tanto en investimento como en servizos para a veciñanza que aumentar os salarios e adicación do alcalde e os concelleiros

Votamos en contra da subida nas horas de adicación e salario do alcalde e o concelleiro de obras
Irixoa, 3 de xaneiro de 2020. O BNG votou en contra da subida nas horas de adicación e salario do alcalde e do concelleiro de obras incrementando os gastos nos órganos de goberno que recolle o orzamento aprobado no Pleno polo PP. “O alcalde pasaría de cobrar 1800 euros mensuais en 14 pagas o que resultaría un gasto anual para o concello de 22500 euros”, explicou o portavoz do BNG, Sergio Boado. “Incrementase tamén a adicación para a concellería de obras que pasaría a 6 horas diarias, e cobraría 12600 euros anuais, engadiu o portavoz nacionalista.

“No mesmo Pleno incrementan as indemnizacións pola asistencia a órganos colexiados do Concello como plenos ou xuntas de goberno local – que cobrarían os concelleiros que non teñen adicación- e as indemnizacións por desprazamento ou por realizar algunha saída para asuntos do concello de Irixoa”, engadiu Sergio Boado. Desde o BNG votaron en contra da proposta de orzamento para 2020 que incluía todas estas subidas.

“Sen xustificar a necesidade deste incremento no gasto inclúeno no orzamento para o vindeiro ano 2020. Desde o BNG entendemos que un concello como Irixoa de 1300 habitantes ten outras necesidades máis urxentes tanto en investimento como en servizos para a veciñanza que aumentar os salarios e adicación do alcalde e os concelleiros”, explicou o portavoz nacionalista. “O alcalde colle unha adicación exclusiva para o concello sen xustificar a necesidade deste incremento no número de horas”, engadiu.

Un orzamento 600 mil euros inferior ao de 2019

Os nacionalistas chamaron a atención tamén sobre o feito de que todas estas subidas de retribucións se aplican a un orzamento que se prevé inferior en máis de 600 mil euros ao do ano anterior. “O orzamento de 2019 subía de 2 millóns de euros e o do vindeiro ano é de pouco máis de 1.400.000. Mentres o único investimento que se contempla é o asociado ao POS+ da Deputación, e mesmo deste unha parte vai a gasto corrente, incrementase o gasto en retribucións do goberno. Parécenos que non é de recibo”, concluíu o portavoz do BNG, Sergio Boado.

Votamos en contra da subida nas horas de adicación e salario do alcalde e o concelleiro de obras