O BNG celebrou en Irixoa un encontro sobre a situación dos sectores produtivos na comarca
Sergio Boado: “Trátase de falar das nosas experiencias sobre a situación do sector primario na comarca e unha análise conxunta das súas necesidades. É unha oportunidade para pór en común alternativas para o agro, pensadas por quen cre de verdade nas nosas aldeas”
Irixoa, 18 de xaneiro de 2024.- O BNG celebrou esta tarde un encontro sobre a situación dos sectores produtivos na comarca. Na mesa redonda moderada por Sergio Boado, concelleiro do BNG en Irixoa, participaron “Mini” Rivas, actual deputado no Parlamento de Galiza, xunto con “Tonecho” Meixide e “Charli” Rodríguez, técnicos recoñecidos no sector, xunto cunha nutrida representación dos sectores produtivos da comarca das Mariñas.
“Trátase de falar das nosas experiencias sobre a situación do sector primario na comarca e unha análise conxunta das súas necesidades. É unha oportunidade para pór en común alternativas para o agro, pensadas por quen cre de verdade nas nosas aldeas”, explicou o portavoz do BNG, Sergio Boado.
Nesta mesa redonda o BNG ten abordado a vida no rural os problemas máis habituais, seguido das propostas nacionalistas para revitalizar a economía do rural e os sectores produtivos. “O encontro deste xoves foi, ademais, unha oportunidade máis para pór en común alternativas para o agro, como unha oportunidade de futuro”, explicou.
O deputado nacionalista, “Mini” Rivas explicou as iniciativas que o BNG trasladou ao Parlamento nos últimos anos, e “Tonecho” Meixide falou das propostas para innovación e investigación no ámbito dos sectores produtivos e “Charli” Rodríguez, do papel doutras administracións como as deputacións á hora de dinamizar o rural e os sectores produtivos do País.