O BNG celebrará cunha festa nacionalista na área recreativa de Xora en Coirós o día da Patria galega
A actividade enmarcase nas actividades con que o BNG preparará o día da patria galega “nos que reivindicaremos a necesidade de soberanía para Galiza”
Betanzos, 11 de xullo de 2022.- O BNG celebrará o día da Patria nas Mariñas cunha festa nacionalista o vindeiro domingo na area recreativa de Xora en Coirós. Á xornada acudirá Mercedes Queixas, deputada do BNG no Parlamento de Galiza, e militantes e simpatizantes do nacionalismo na comarca das Mariñas. A actividade enmarcase nas actividades con que o BNG preparará o día da patria galega “nos que reivindicaremos a necesidade de soberanía para Galiza”, explicou a responsábel do BNG das Mariñas, Cristina López.
O BNG convida a esta actividade a calquera persoa que queira participar inscribíndose no correo electrónico [email protected] e a asistir a manifestación que como todos os anos convoca en Compostela o día 25 xullo ás 12 saíndo da Alameda de Santiago co lema "Gañarmos o futuro: a nova Galiza en marcha".