O BNG de Miño urxe ao goberno municipal a acometer labores de mantemento na Senda das Marismas do Baxoi

As nacionalistas consideran que o goberno municipal “vive dos anuncios de grandes investimentos e de fotos de inauguracións” para logo “esquecer o mantemento e a xestión do día a día das cuestións máis básicas”

O BNG de Miño urxe ao goberno municipal a acometer labores de mantemento na Senda das Marismas do Baxoi

Miño, 10 de xullo de 2025. O portavoz municipal do BNG de Miño, Alberte G. Nicolás, demanda que o goberno municipal leve a cabo as accións necesarias para recuperar o estado inicial da Senda das Marismas do Baxoi. “Esta senda abriu ao tránsito en outubro de 2023 e, apenas ano e medio despois, está practicamente abandonada”, denunciou o portavoz nacionalista. Segundo relatou, “nun quilómetro de percorrido hai tramos cubertos pola vexetación, árbores que atrancan o paso nas pasarelas, restos de podas abandonados e puntos nos que a estreiteza e irregularidade do camiño chegan a ser perigosos”.

As nacionalistas consideran que o goberno municipal “vive dos anuncios de grandes investimentos e de fotos de inauguracións” para logo “esquecer o mantemento e a xestión do día a día das cuestións máis básicas”.

Alberte G. Nicolás puxo énfase en que “o PSOE fixo bandeira da apertura deste tipo de sendas e ten previsión de abrir outras de maior calado e investimento, mais parecen ignorar o mantemento que levan aparellado”. O nacionalista poñía o foco na súa intervención na acción do goberno e a viabilidade de abrir novas sendas, “vendo o estado desta senda ou o da Senda do Xarío, nada quita que a pasarela prevista sobre as Marismas do Baxoi entre Telle e a ponte da Praia Grande remate no mesmo estado”.

Estado da Senda do Baxoi na súa inauguración, outubro de 2023
Estado da Senda do Baxoi na súa inauguración, outubro de 2023

Alberte G. Nicolás advertiu ademais da falta de planificación por parte do executivo socialista, que “fixo bandeira da apertura deste tipo de sendas e anuncia outras aínda de maior calado e investimento, mais parece ignorar o mantemento que implican”. O portavoz cuestionou a viabilidade de novas actuacións xa que, “vendo o estado actual desta senda ou da do Xario, nada garante que a nova pasarela prevista sobre as Marismas do Baxoi -entre Telle e a ponte da Praia Grande- non acabe no mesmo estado de abandono”.

O BNG de Miño insta o goberno local a resolver de inmediato un problema “creado por el mesmo”, xa que foi este goberno quen impulsou esta infraestrutura. “A veciñanza merece un goberno á altura, cunha planificación e un proxecto claro, que en vez de xerar problemas, aporte solucións. Hoxe por hoxe, o PSOE non está a cumprir”, concluíu Alberte G. Nicolás.

O BNG de Miño urxe ao goberno municipal a acometer labores de mantemento na Senda das Marismas do Baxoi