O BNG amosou a súa satisfacción polos avances na rexeneración da duna da praia de Miño, mais insistiu en que “non é abondo”
Desde o BNG, alegráronse de que se teña en conta a opinión da Confraría de Miño, neste proxecto e lembraron que en abril do ano pasado rexistraron unha iniciativa no Congreso, a través do deputado nacionalista, Néstor Rego, preocupándose sobre todo polo impacto que esta actuación puidera ter no banco marisqueiro
Miño, 16 de febreiro de 2023.- O BNG amosou a súa satisfacción polos avances na rexeneración da duna da praia de Miño, mais insistiu en que “non é abondo”. “Pensamos que este proxecto é un avance no bo camiño, e polo tanto positivo, pero non é abondo. Na zona, seguimos tendo as Marismas do Baxoi sen ningún tipo de protección, en catro anos o goberno local non avanzou nada nin no ENIL nin na solicitude da inclusión na Rede Natura, nunha zona que sofre unha alta presión urbanística -como vemos co proxecto da urbanización de Monte Piñeiro- e turística”, explicou o voceiro e candidato á alcaldía polo BNG, Alberte G. Nicolás.
Desde o BNG, alegráronse de que se teña en conta a opinión da Confraría de Miño, neste proxecto e lembraron que en abril do ano pasado rexistraron unha iniciativa no Congreso, a través do deputado nacionalista, Néstor Rego, preocupándose sobre todo polo impacto que esta actuación puidera ter no banco marisqueiro.
“Alegrámonos de que se avance na rexeneración da duna, mais esiximos ao goberno que avance na protección ambiental da zona e que tome decisións para preservar este espazo a carón da praia Grande”, concluíu o candidato nacionalista.