Alberte G. Nicolás: “O modelo de política municipal do BNG transforma a mellor as nosas vilas e cidades”

O BNG comprometeuse a aumentar a seguridade viaria e a proxectar espazos máis humanizados onde o coche deixará de ser o protagonista, con medidas tan sinxelas como a peonalización do entorno da Rúa Real ou das pistas do Rabazal

Alberte G. Nicolás: “O modelo de política municipal do BNG transforma a mellor as nosas vilas e cidades”

Miño, 19 de maio de 2021. O BNG celebrou hoxe o seu mitin central da campaña no local social da Rúa, no que interviñeron Tania Casás Freire, o deputado no Parlamento de Galiza, Ramón Fernández “Mon” e o candidato á alcaldía, Alberte G. Nicolás. 

O candidato do BNG á alcaldía, Alberte G. Nicolás, puxo en valor “o modelo de política municipal do BNG, sinónimo de benestar e servizos públicos de calidade, transforma a mellor as nosas vilas e cidades”. 

“O tráfico pesado do centro da nosa vila será cousa do pasado, aumentando a seguridade viaria e con máis espazos naturalizados e humanos, porque o peón e o coche deben convivir, si, pero tamén temos claro que este último, o coche, deixará de ser o protagonista con medidas tan sinxelas como a peonalización do entorno da Rúa Real ou das pistas do Rabazal”, explicou o candidato nacionalista. 

O BNG comprometeuse a facilitar a práctica deportiva ao longo de todo o ano “cubrindo diferentes pistas, como as da Galea ou Costa Miño”, engadiu Alberte G. Nicolás, quen se comprometeu tamén “a protexeremos e recuperar as Marismas do Baxoi ou a Ría de Betanzos”. 

 

Propostas para Costa Miño e as parroquias 

“Precisamos deixar de ser o concello do desastre urbanístico e a débeda desorbitada, facendo bandeira de Costa Miño polo bo facer. Dotándoa de servizos básicos como un centro social, un supermercado ou unha nova escola infantil e integrar a súa veciñanza na dinámica social e de actividades do concello”, indicou o candidato do BNG.

“Non podemos esquecer que Miño tamén son as súas parroquias, tamén é o rural. As parroquias do noso concello merecen algo máis que asfalto e limpeza de camiños cada catro anos, merecen un goberno cun proxecto que permita que vivir no rural e do rural sexa unha realidade”, concluíu. 

Alberte G. Nicolás: “O modelo de política municipal do BNG transforma a mellor as nosas vilas e cidades”