O Pleno de Coirós aproba as mocións do BNG en relación coa seguridade viaria en Queirís e outras estradas de competencia estatal

ejecutar-rotonda-1
ejecutar-rotonda-1

As mocións do BNG apoiando as alegacións veciñais ao proxecto de mellora da seguridade viaria no cruce de  Queirís e reclamando a limpeza das beiras das estradas estatais ao seu paso por Coirós foron aprobadas coa abstención do Partido Popular

O Pleno de Coirós aproba as mocións do BNG en relación coa seguridade viaria en Queirís e outras estradas de competencia estatal

Coirós, 19 de xullo de 2019. A portavoz do BNG, Pura Ferreño, defendeu no pleno do día 15 a moción que reclamaba o apoio para as alegacións veciñais diante do proxecto de mellora da seguridade viaria no Cruce de Queirís. “Este proxecto é froito das demandas e mobilizacións das veciñas e veciños ao longo de máis de 10 anos. O que nel se recolle é positivo, mais insuficiente” afirma a concelleira.

A moción recolle as demandas veciñais en canto a ampliar o ámbito de actuación para que chegue ata o Cruce da Espenuca. “Para empezar cómpre ampliar o ancho das beiravías así como renovar pavimento e sinalización horizontal” explica Ferreño. Tamén engade que “é imprescindíbel garantir o cumprimento dos límites de velocidade no tramo, habilitar medidas de protección diante do local social da Escola de Queirís e dotar o lugar dun paso de peóns con semáforo”

“Próxima ao núcleo de Queirís atópase a Aula da Natureza de Chelo polo que tamén se ve necesario habilitar paradas para buses tanto de excursións coma os habituais do transporte público”, engadiu Ferreño. Na moción, así coma nas alegacións, tamén se fai referencia á necesidade de mellorar os accesos aos núcleos de Os Chas, Colantres e Queirís, dotando de isletas de incorporación e mellorando a visiblidade das saídas.

Mantemento das estradas do Estado

Complementando esta inciativa, o BNG tamén demandou no pleno instar ao Ministerio de Fomento a limpar e realizar un correcto mantemento anual das vías da súa titularidade ao seu paso polo concello de Coirós, é dicir, a autovía A6 e a estrada N-VI.

“Os taludes da A6 énchense de maleza e, có paso dos anos, especies arbustivas e arbóreas , que se convirten en acubillo de alimañas , limitan a visibilidade e incluso poden ser foco de incendios ao trancorrer por zonas forestais” explicou a concelleira nacionalista. “ Así mesmo, incorporarse á estrada N-VI desde calquera núcleo do concello, ten un risco engadido pola deficiente visibilidade debida ao crecemento da maleza” engadiu Pura Ferreño

O goberno municipal do Partido Popular decidiu absterse e a moción foi aprobada cós votos do BNG e do PSOE

O Pleno de Coirós aproba as mocións do BNG en relación coa seguridade viaria en Queirís e outras estradas de competencia estatal