Reunímonos coa veciñanza de Queirís para mellorar a seguridade viaria na estrada N-VI

f5403f4d-4847-4455-ac83-aa6f623b1e7e
Pura Ferreño e Luís Bará no encontro celebrado onte en Queirís

A concelleira Pura Ferreño e o deputado Luís Bará participaron nunha asemblea informativa para estudar o proxecto de Fomento para o cruce de Queirís e articular as alegacións necesarias para que realmente mellore a seguridade na zona.

Reunímonos coa veciñanza de Queirís para mellorar a seguridade viaria na estrada N-VI

O BNG de Coirós ten denunciado en diversas ocasións problemas de seguridade viaria en diversos puntos da estrada N-VI ao seu paso polo termo municipal. O caso do cruce de Queirís e os tramos próximos é un dos máis mediáticos grazas ás iniciativas do BNG e ás mobilizacións veciñais.

Finalmente, e moitos anos depois de ter iniciado esta loita, está en período de exposición pública e alegacións un proxecto redactado en febreiro de 2018. Neste contémplase a transformación da intersección das estradas N-VI e N-VIa nunha rotonda, adecuación dos accesos á mesma, eliminación do carril lento en sentido Betanzos e creación dunha isleta de incorporación á altura do desvío cara a Armea.

“Estamos contentas de ter por fin un proxecto encima da mesa que recolle algunhas das demandas veciñais, mais consideramos que é insuficiente pois non contempla ningún tipo de actuación no tramo que vai desde Os Chas/ cruce da Espenuca ata o cruce de Queirís” explicou a portavoz municipal do BNG Pura Ferreño.

Así mesmo o deputado nacionalista Luís Bará manifestou  que “As rotondas teñen demostrado ser un mecanismo eficaz para reducir a velocidade dos vehículos mais son necesarias outras medidas que garantan a seguridade das persoas que se desprazan a pe ou en bicicleta”

Na asemblea falouse da necesidade de aumentar o ancho das beiravías, eliminar o carril lento na subida desde Queirís ata Os Chas, habilitar isletas para xiros á esquerda, mellorar os accesos (entrada/saída) a ambos lados da estrada e tamén renovar a calzada e o pintado da mesma.

“Todas estas cuestións serán incluídas nunha moción que levará o grupo municipal do BNG en Coirós ao Pleno e tamén na iniciativa que defenderemos no Parlamento Galego” indicou o parlamentar Luís Bará.

A voceira nacionalista Pura Ferreño indicou que “o vindeiro xoves 27 de xuño teremos unha nova xuntanza para recoller sinaturas para unha alegación conxunta das persoas que así o desexen”.

Reunímonos coa veciñanza de Queirís para mellorar a seguridade viaria na estrada N-VI