O BNG de Coirós presentou unha batería de propostas para mellorar o orzamento municipal para 2025

BNG Comarca; candidatos comarca; 15-outubro-2024
Pura Ferreño: “Queremos resolver algunhas deficiencias do documento orixinal e melloralo polo ben das veciñas e veciños de Coirós”
O BNG de Coirós presentou unha batería de propostas para mellorar o orzamento municipal para 2025

Coirós, 12 de Decembro de 2024. A voceira nacionalista Pura Ferreño ven de presentar alegacións ao proxecto de orzamentos municipais para 2025 “Queremos resolver algunhas deficiencias do documento orixinal e melloralo polo ben das veciñas e veciños de Coirós”, explicou Ferreño.

Resalta o BNG a escaseza de recursos dedicados a investimento, un 4,7% do total dos orzamentos, limitándose á cantidade vinculada aos Plans de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.

A maiores, dentro da grande partida de gasto corrente chama a atención a conta de “outros gastos diversos” e gastos en empresas privadas. “Son en total 295.960 euros de difícil fiscalización” afirma Pura Ferreño. Desde o BNG demandan eliminar gastos superfluos deste apartado para reservar crédito que permita estudar a posibilidade de desenvolver un saneamento descentralizado con balsas de filtro vexetal para lugares que aínda non teñen servizo e, no futuro, mudar o sistema actual por un máis sostíbel ecolóxico e economicamente.

Neste apartado tamén se propón iniciar trámites para dotar ao concello de Coirós dun transporte municipal.

Xestión das subvencións públicas

Outra das demandas históricas que defenderá a concelleira nacionalista a redacción dun plan de subvencións que poña de manifesto o obxectivos e efectos que se pretenden coa súa aplicación. En definitiva, establecer unha serie de criterios a cumprir polas entidades beneficiarias valorando o fomento da lingua e a cultura galegas, educación solidaria e en igualdade, a convivencia inter-xeracional, o respecto a todas as persoas e o coidado do medio ambiente e dos seres vivos.

Mellorar a eficiencia do gasto social

Seguindo na liña de utilizar os fondos públicos con criterios sociais, Pura Ferreño explica que “para garantir que son útiles para aquelas persoas que máis o precisan, as axudas por nacemento deberán formularse en base a criterios económicos, tendo en conta o nivel de renda e repartindo as axudas por tramos de ingresos”.

Así mesmo, estas axudas deberán redactarse tamén dun xeito máis inclusivo tendo en conta a diversidade familiar.

Insiste de novo Ferreño lembrando a necesidade de utilizar os 20.000 euros reservados para loita contra a violencia machista. “Desde que esta partida se abriu a instancias do BNG nunca foi utilizada” indica a concelleira. “Queremos que unha parte se pase ao capítulo de gasto corrente para levar a cabo campañas de concienciación contra os comportamentos machistas, a violencia contra as mulleres e a prol da igualdade real”.

Propostas de investimentos

Demándase desde o BNG a inclusión de varias propostas recollidas en conversas con entidades veciñais e diversos colectivos coirenses.

“É urxente adoptar medidas de inclusión nos locais e espazos municipais para facilitar a vida das persoas con diversidade auditiva, visual, neurolóxica ou de mobilidade” explica a concelleira Pura Ferreño. Propoñen tamén as nacionalistas que se mellore a acústica do pavillón polideportivo da Cortella.

Pensando na posta en valor do patrimonio municipal demandan tamén a realización dunha campaña de limpeza e sinalización de fontes e lavadoiros.

Defende Ferreño que “para favorecer a mobilidade a pe ou en bicicleta, lonxe do tráfico de coches, deberase iniciar a creación dunha rede de “camiños saudábeis” para moverse polas distintas parroquias e comunicar cós lugares principais do concello”