O BNG parabenizouse de que o Concello trasladara un informe urbanístico desfavorábel á instalación da planta de residuos na Obra de Paño

unnamed

Alegrámonos de que por fin se emitise este informe municipal, como viñamos demandando hai semanas, para paralizar a solicitude de instalación desta planta de tratamento de residuos

O BNG parabenizouse de que o Concello trasladara un informe urbanístico desfavorábel á instalación da planta de residuos na Obra de Paño

Bergondo, 21 de xullo de 2021.- O BNG parabenizouse de que o Concello de Bergondo por fin trasladara un informe urbanístico desfavorábel á instalación da planta de residuos na Obra de Paño, tal e como lle solicitou por escrito nas pasadas semanas o concelleiro nacionalista, David Carro. “Hai máis dun mes que solicitamos que o concello emitira un informe de incompatibilidade para paralizar este proxecto e a pesar de que aínda a pasada semana nos contestaron que non era necesario, parece que finalmente se demostrou que si despois de que llo esixira a Xunta. Alegrámonos de que por fin se emitise este informe municipal como viñamos demandando para paralizar a solicitude de instalación desta planta de tratamento de residuos”, explicou David Carro. 

Na pregunta presentada por escrito polo BNG explicaba que en base ao art. 15 do R.D. 1/2016 de 16 de decembro, que aproba a lei de prevención e control integrado da contaminación, do Ministerio de agricultura e pesca, alimentación e medio ambiente, publicada no BOE o 31/12/2016 o concello ten que emitir un informe de compatibilidade da parcela para a concesión da licenza, como efectivamente acaba de anunciar o goberno a solicitude da Xunta. 

“Este informe podía terse emitido antes e evitar á veciñanza a preocupación sobre a posíbel instalación desta planta a carón das súas vivendas, aínda así alegrámonos de que por fin o goberno local actuase, motivado pola presión social e polas peticións do BNG e agora da Xunta de Galiza”, engadiu. 

O portavoz nacionalista lembrou que “a instalación desta planta causou un enorme rexeitamento entre a veciñanza de Lubre e a colindante de Soñeiro, concello de Sada, diferentes grupos políticos, ou a asociación de recicladores de construción e demolición e que o BNG presentou alegacións a este proxecto no trámite de información pública”. O voceiro nacionalista recordou tamén a iniciativa presentada pola deputada do BNG Mercedes Queixas no Parlamento Galego. 

O BNG parabenizouse de que o Concello trasladara un informe urbanístico desfavorábel á instalación da planta de residuos na Obra de Paño