O BNG de Bergondo alerta do derrubo da Reitoral de Guisamo
David Carro: "Fai 12 anos que comezamos a traballar para que o Concello a adquirise e a rehabilitase para patrimonio público pero os sucesivos Gobernos nunca puxeron un interés real. Pensamos que a cousa cambiaria coa creación da nova concelleria de patrimonio, pero a día de hoxe non se lle coñece acción algunha"
Bergondo, a 12 de marzo de 2024. O BNG lamentou a caida a última hora da tarde de onte dunha parte da Reitoral de Guisamo, "fai 12 anos que comezamos a traballar para que o Concello a adquirise e a rehabilitase para patrimonio público pero os sucesivos Gobernos nunca puxeron un interés real. Pensamos que a cousa cambiaria coa creación da nova concelleria de patrimonio, pero a día de hoxe non se lle coñece acción algunha" expuxo o portavoz municipal David Carro.
"Chegou a haber negociacións coa propiedade, o Arzobispado, fai anos, pero non se alcanzou un acordo e nunca máis se volveu a intentar, a pesar de que dende o BNG insistimos en múltiples ocasións, a última ainda no pasado pleno de xaneiro xa que era evidente que os sucesivos invernos estaban a facer mella na construcción" indicou o voceiro nacionalista.
"Incidimos tamén en que, de non negociar, o Goberno Local apremiara ao Arcebispado a tomar medidas para garantir a seguridade, maxime cando enfronte desta casa se sitúa un espazo de lecer moi concorrido que conta con parque infantil, parque biosaludable e pista polideportiva, e de non ser así, pasar a vía coercitiva e aplicar as sancións previstas na normativa. Fai un ano, a concelleria de urbanismo de AV anunciou unha sanción, no mesmo lote que a Xunta polo estado do Ligal, sancións ambas desmentidas a posteriori pola alcaldia. ¿Que pasaría se chega a caer enriba dunha persoa, ou dun neno ou nena dos que acoden a xogar ao parque? Non se pode xogar coa seguridade da veciñanza" afirmou Carro.
"Resulta lamentable esta importante perda patrimonial, en pleno centro de Guisamo, que rehabilitada para uso público podía ser a mellor homenaxe ao falecido Sr. García Verdia; a segunda oportunidade que se lle escapa despois da de Casa Cortés ao Goberno Local de AV e PSOE que se afunden, igual que esta Rectoral, ou as beirarúas de Gandarío" concluiu o portavoz nacionalista.
O BNG anunciou ademáis a súa intención de preguntar no vindeiro pleno pola folla de ruta do Goberno Local sobre esta casa.