O BNG urxe ao Goberno Local a tomar medidas coas beirarrúas de Gandarío
David Carro: "Fai arredor de 5 meses que advertimos da situación de perigo que entrañaba o estado das beirarrúas que conectan Gandarío con Sada, moi transitadas por peóns e deportistas, sen que se tomasen medidas até o momento"
Bergondo, 10 de marzo de 2024.- Bergondo, 10 de marzo de 2023. O BNG urxiu ao Goberno Local a tomar medidas coas beirarrúas de Gandarío que se veñen de desprender coa problemática de seguridade que isto supón.
"Fai arredor de 5 meses que advertimos da situación de perigo que entrañaba o estado das beirarrúas que conectan Gandarío con Sada, moi transitadas por peóns e deportistas, sen que se tomasen medidas até o momento", indicou o portavoz municipal David Carro.
"Non recibimos resposta, co cal preguntamos no último pleno, e ao parecer prepárase un proxecto para a renovación destas beirarrúas, sen embargo, como xa tiñamos advertido, había que tomar medidas de urxencia, e o tempo non fixo máis que darnos a razón", indicou Carro.
"O Goberno Local debe tomar medidas de urxencia e acelerar no posíbel o proxecto de renovación polo perigo que supón o estado destas, calquera pode esvarar e caer ladeira abaixo", concluíu o voceiro nacionalista.