O BNG de Aranga empraza aos partidos a un debate electoral local
No BNG cremos na importancia da participación e o diálogo, porque son a esencia da democracia. Queremos un debate público para que todos os grupos concorrentes poidan expor a súas ideas e os seus proxectos para Aranga
Aranga, 23 de abril.- No contexto dos debates televisivos destes días, o BNG en Aranga emprazou onte nas redes a PSOE e PP a confrontar ideas e propostas nun debate local.
“No BNG cremos na importancia da participación e o diálogo, porque son a esencia da democracia. Queremos un debate público para que todos os grupos concorrentes poidan expor a súas ideas e os seus proxectos para Aranga”, defendeu o candidato nacionalista á alcaldía Carlos Díaz.
Desde o BNG faise fincapé no duplo valor do debate, como fonte de información para o electorado e como exercicio de liberdade: “un debate público é unha ferramenta fundamental da democracia e parécenos unha anomalía que ningún outro partido o propuxese até agora”, manifestou Díaz.