O BNG das Mariñas marcou as prioridades para o novo curso político nunha reunión coa deputada Mercedes Queixas
O principal foco de atención para os vindeiros meses para o grupo nacionalista está en dar traslado ao Parlamento dos graves problemas ambientais da nosa comarca, como a imprescindíbel aposta por mellorar calidade da auga dos ríos e da Ría de Betanzos
Cristina López: “Despois das eleccións municipais do pasado mes de maio o BNG ten na nosa comarca moita máis forza, temos o dobre de concelleiros e concelleiras nos 9 concellos da comarca, e recuperamos a representación nos Plenos de Miño e Abegondo”