O BNG das Mariñas mantivo unha xuntanza coa deputada nacionalista Mercedes Queixas, para marcar as liñas de traballo e prioridades para o curso político que comeza

Imaxe da reunión coa deputada Mercedes Queixas
Imaxe da reunión coa deputada Mercedes Queixas

O principal foco de atención para os vindeiros meses para o grupo nacionalista está en seguir trasladando ao Parlamento a loita das Plataformas da comarca en contra dos mega-parques eólicos e as liñas de alta tensión e subestacións que van ter un impacto moi importante en zonas de grande valor patrimonial e natural

O BNG das Mariñas mantivo unha xuntanza coa deputada nacionalista Mercedes Queixas, para marcar as liñas de traballo e prioridades para o curso político que comeza

Betanzos, 28 de setembro de 2021.- O BNG das Mariñas mantivo unha xuntanza coa deputada nacionalista Mercedes Queixas, para marcar as liñas de traballo e prioridades do BNG para o curso político que comeza. Na reunión participaron os concelleiros e concelleiras do BNG nos concellos das Mariñas, a responsábel comarcal Cristina López e a deputada Mercedes Queixas. 

O principal foco de atención para os vindeiros meses para o grupo nacionalista está en seguir trasladando ao Parlamento a loita das Plataformas da comarca en contra dos mega-parques eólicos e as liñas de alta tensión e subestacións que van ter un impacto moi importante en zonas de grande valor patrimonial e natural como o Monte do Gato ou as Brañas do Deo. “Esta vai ser unha das nosas grandes prioridades no traballo político no Parlamento, de feito xa nesta liña vimos de rexistrar a iniciativa para declarar rede natura as Brañas do Deo”, explicou a deputada do BNG, Mercedes Queixas. 

“Outra liña de traballo fundamental vai ser a loita contra os recortes en servizos públicos esenciais como o ensino, que está causando problemas en moitos centros da nosa comarca coma o Vales Villamarín ou o Castro Baxoi en Miño”, engadiu a deputada nacionalista. “Tamén imos seguir reclamando a atención presencial e o reforzo da atención primaria para acabar co desmantelamento ao que o PP está sometendo o servizo público de saúde”, engadiu. 

Melloras no transporte público

Desde o BNG consideraron tamén prioritaria a loita por un transporte público de calidade na comarca das Mariñas, tanto ferroviario como por estrada. “No último mes estanse multiplicando as queixas pola redución de paradas e frecuencias que se veñen producindo desde a entrada en vigor dos novos contratos relacionados co Plan de transporte da Xunta o pasado ano. Estamos traballando xa nunha iniciativa para trasladar esta problemática de novo ao Parlamento”, explicou a portavoz do BNG. 

Posta en valor do Patrimonio

O grupo nacionalista anunciou tamén que seguirá insistindo na necesidade de que a Xunta aposte decididamente pola rehabilitación do Casco Histórico de Betanzos e comprometa orzamento para o Parque do Pasatempo. “Até o momento o único que está contratado en relación co Parque é a consolidación do estanque do Retiro, financiado pola Deputación da Coruña. A Xunta até o momento non investiu un só céntimo, insistiremos na necesidade de que se actúe xa para evitar que se siga deteriorando”, concluíu a deputada do BNG. 

O BNG das Mariñas mantivo unha xuntanza coa deputada nacionalista Mercedes Queixas, para marcar as liñas de traballo e prioridades para o curso político que comeza