Presentamos alegacións ao Plan Especial de San Marcos
O BNG presentou hoxe alegacións ao Plan especial de reforma interior do solo urbano non consolidado UU-R13 en San Marcos que se atopa en período de exposición pública.
O BNG presentou hoxe alegacións ao Plan especial de reforma interior do solo urbano non consolidado UU-R13 en San Marcos que se atopa en período de exposición pública.
O BNG pediu ao goberno local do PP “responsabilidade e prudencia” en relación coa redacción do Plan Especial para o desenvolvemento previsto en San Marcos.
“Non podemos repetir erros do pasado, o solo urbanizábel R3, Monte Piñeiro debe reclasificarse en solo rústico. Non fai falta gastar 5.000 € nunha auditoría para buscar a solución máis axeitada, basta con antepoñer os intereses da veciñanza aos dos especuladores”
Miño ten centos de vivendas en construción paralizadas e un 40 % de vivendas baleiras dende o interese público non se xustifica un desenvolvemento urbanístico de 750 vivendas en Monte Piñeiro
O BNG reclama que se aproveite a modificación do PXOM que puxo en marcha o goberno local para anular as urbanizacións de Monte Piñeiro, Bermaño e Monteagudo, que suman en total 1028 vivendas previstas a menos de 500 m da costa.
O BNG trasladou a anulación do PXOM de Abegondo polo TSXG ao Parlamento galego.
O BNG valorou como moi importante o fallo do TSXG anulando o Plan Xeral de Abegondo. Parécenos que pode sentar un precedente en contra de todo un modelo de urbanismo baseado na especulación
O BNG-Asembleas Abertas reclamoulle ao goberno local que explique á veciñanza de Guísamo o proxecto de recalificación da Casa de Cortés, no centro da localidade.
O BNG deu a coñecer o contido das alegacións que formulará á modificación puntual do Plan xeral de Miño coa que o goberno local do PP pretende levar adiante a construcción doutra macrourbanización no Monte Piñeiro.
O BNG alerta dos riscos de levar adiante a "Modificación puntual nº 3 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Miño.