O BNG criticou que o goberno local pretenda recalificar solo dotacional en urbano en Guísamo
O BNG-Asembleas Abertas reclamoulle ao goberno local que explique á veciñanza de Guísamo o proxecto de recalificación da Casa de Cortés, no centro da localidade.
Bergondo, 18 de novembro de 2015. O BNG-Asembleas Abertas reclamoulle ao goberno local que explique á veciñanza de Guísamo o proxecto de recalificación da Casa de Cortés, no centro da localidade.
Non entendemos a falta de transparencia nun asunto coma este, do que todo o que soubemos foi a través dos medios de comunicación e supoñemos que se o oculta será porque sabe que se trata dun negocio ruinoso para os veciños e veciñas, indicou David Carro, o que realmente supón e a recalificación de solo dotacional para construír unha urbanización privada.
Os nacionalistas explican que a finca coñecida como Casa de Cortés esta cualificada como solo dotacional escolar-deportivo nas normas subsidiarias. Coa desculpa de que se trata dunha cooperativa de vivenda o PSOE pretende dar un pelotazo no centro de Guísamo, eliminando máis de dez mil metros cadrados de solo dotacional para un colexio ou un parque público e meter no seu sitio unha urbanización denuncian.
A finca coñecida como Casa de Cortés esta cualificada como solo dotacional escolar-deportivo nas normas subsidiarias
É un pelotazo disfrazado de iniciativa social denuncian. Todo canto recibe o Concello a cambio de aprobar esta recalificación é un centro social na casona de indianos que ten a finca advirten desde o BNG-AA. Unha recalificación feita a media de alguén para facer outra urbanización, cando ademais dubidamos de que Bergondo precise construír vivenda nova e máis ben o que se necesita en lugares como Guísamo son servizos públicos, indicou o voceiro nacionalista.
O BNG-AA demanda protexer o inmoble e as árbores centenarias da finca
Os nacionalistas explicaron que a Casa de Cortés non está protexida patrimonialmente pola normativa do Concello. En 2002 modificáronse as normas subsidiarias para levar para esta parcela o solo dotacional para un colexio, mais non se corrixiu a falta de protección desta casona de indianos, indican desde o BNG-AA.
Coa desculpa de que se trata dunha cooperativa de vivenda o PSOE pretende dar un pelotazo no centro de Guísamo, eliminando máis de dez mil metros cadrados de solo dotacional para un colexio ou un parque público e meter no seu sitio unha urbanización
Por este motivo, os nacionalistas demandan tamén ao goberno local a protección da arquitectura singular desta casona e da casa de servizo anexa. Do mesmo xeito, piden que se protexan igualmente varios exemplares de árbores de grande porte, entre elas unha araucaria e varias palmeiras canarias que poderían mesmo sobrepasar o século. O planeamento permite usar como zonas libres este solo de equipamentos mentres non se constrúen os equipamentos, así que en canto o Concello se faga con esta finca cumprindo coas normas subsidiarias pedimos que o acondicione como parque para goce da veciñanza, conclúe Carro, sería estupendo que o goberno local gardara unha partida no orzamento para 2016 do que nada sabemos para este fin, concluíu.