O BNG recorda que a parte máis perigosa das obras de seguridade vial en San Paio segue pendente

O BNG-Asembleas abertas de Bergondo parabenizase do comezo da primeira fase das obras de seguridade vial en San Paio (Guísamo), tan demandada durante anos polos veciños e veciñas do lugar así como polos usuarios e usuarias da vía

O BNG recorda que a parte máis perigosa das obras de seguridade vial en San Paio segue pendente

Bergondo, 19 de agosto de 2015. O BNG-Asembleas abertas de Bergondo parabenizase do comezo da primeira fase das obras de seguridade vial en San Paio (Guísamo), tan demandada durante anos polos veciños e veciñas do lugar así como polos usuarios e usuarias da vía. “Desde o BNG-Asembleas abertas sempre lle mostramos o noso apoio á veciñanza e fixemos o posible por por achegar as súas demandas tanto ao Concello como á Deputación”, explicou o portavoz nacionalista, David Carro. “Mais compre recordar que esta pendente unha segunda fase da que nada se sabe, e que comprende o tramo máis perigoso que é o máis estreito entre a denominada "Finca Villa Julia" e o final da ponte do tren”.

O BNG de Bergondo continuara do lado da veciñanza solicitando que se leve a cabo a segunda fase das obras o antes posible e rematar así cunha situación histórica de inseguridade na zona

"Sempre é unha boa nova que leven a cabo obras de seguridade vial nunha zona densamente poboada e cunha elevada densidade de tráfico pero a peor parte da vía e máis insegura queda fora desta primeira fase e da segunda nada se sabe", indicou David Carro do BNG de Bergondo.

O BNG de Bergondo continuara do lado da veciñanza solicitando que se leve a cabo a segunda fase das obras o antes posible e rematar así cunha situación histórica de inseguridade na zona.

O BNG recorda que a parte máis perigosa das obras de seguridade vial en San Paio segue pendente