Pedimos o correcto mantemento e que se garanta a calidade da auga do baño en Reboredo
O BNG trasladará ao Pleno unha petición para que o goberno local realice as actuacións necesarias co fin de garantir o correcto mantemento e a calidade da auga do baño na area de descanso de Reboredo.