Reclamamos información sobre a calidade da auga en Perbes e solucións reais
Simplemente con unha búsqueda dos datos na web do Ministerio calquera pode ver que nos dous últimos meses de agosto a presencia de bacterias fecais na auga da praia de Perbes se disparou. Non se trata dun episodio puntual nin da limpeza dun barco como afirma o goberno local.
Miño, 4 de agosto de 2016. O BNG-AA exixiu ao goberno que informe á veciñanza da situación da calidade da auga na praia de Perbes e nas demais praias do Concello e medidas reais para solucionar esta situación. Simplemente con unha búsqueda dos datos na web do Ministerio calquera pode ver que nos dous últimos meses de agosto a presencia de bacterias fecais na auga da praia de Perbes se disparou. En agosto do 2014 chegando a 320 nmp/100 ml para ecoli e a 250 nmp/100 ml para enterococos, no ano 2015 a presenza destas bacterias nas analíticas de agosto foi aínda máis elevada chegando a 500 nmp/100 ml para ecoli e a 300 nmp/100ml para enterococos, efectivamente non se trata dun episodio puntual nin da limpeza dun barco, explicou Olalla Barro, portavoz do BNG-AA.
As nacionalistas explicaron que está media Ría pechada ao baño pola contaminación da auga por bacterias fecais -a praia das Delicias en Sada, parte de Gandarío e o Regueiro en Bergondo- e efectivamente cada ano a calidade da auga é peor se non se toman medidas para garantir o saneamento das augas residuais e se seguen permitindo os vertidos directos á Ría.
No caso do noso concello, a depuradora está saturada e cando aumenta a poboación porque se ocupan as vivendas que están baleiras durante o inverno ven sendo habitual que diminúa a calidade da auga nas zonas de baño. Non se trata de algo puntual, e reclamamos ao Concello un pouco de seriedade e propostas concretas para solucionar esta situación, indicou a voceira nacionalista.
Desde o BNG-AA consideran que unha análitica encargada a unha empresa privada pode non ser o método máis fiábel para coñecer a situación real da auga nas praias do noso Concello. Pedimos ao goberno local sinceridade e propostas reais e que deixen de intentar enganar á veciñanza. Estas son as consecuencias dun modelo urbanístico completamente insostíbel e teremos que intentar buscar solucións entre todas e, sobre todo, non seguir afondando nese modelo que destroza o noso medio, concluíu Barro.