O BNG empraza á Xunta a atender as demandas das persoas usuarias dos buses que conectan Ferrolterra e As Mariñas coa Coruña
Ríos denunciou a “precarización e devaluación da calidade no servizo” para Ferrolterra e As Mariñas na súa conexión coa Coruña e os “incumprimentos” reiterados do contrato por parte da empresa concesionaria, con vehículos que sobrepasan a súa idade máxima