Non ao espolio dos nosos recursos!
Propuxemos que se estude a suspensión das taxas das actividades municipais
“Achegamos ao goberno local esta mañá as nosas propostas para que se supriman as taxas das actividades municipais, entre outras as escolas deportivas, o tempo que dure o confinamento na liña que veñen facendo outros concellos como Betanzos ou Sada”
Mini traslada ao Parlamento a situación da empresa EMESA e pide á Xunta que se implique nunha solución
Lembra que os novos propietarios recibiron cuantiosas axudas públicas tras unha operación que considera “un pelotazo de libro”
Olalla Barro: "Estamos en contra da subida das tarifas da ORA"
O BNG-AA de Miño manifestou outra vez mais o rexeitamento a postura acordada onte na comisión onde se acordou os novos prezos da tarifa que rexerá a ORA co casco urbano e na Praia do Concello.
Rexeitamos a suba e a ampliación da zona ORA
O BNG-AA de Miño mostrou o seu rexeitamento á subida de prezos e ampliación das zonas de ORA que trasladou hoxe ao Pleno o goberno local.
Propomos anular as urbanizacións de Monte Piñeiro, Bermaño e Monteagudo
O BNG reclama que se aproveite a modificación do PXOM que puxo en marcha o goberno local para anular as urbanizacións de Monte Piñeiro, Bermaño e Monteagudo, que suman en total 1028 vivendas previstas a menos de 500 m da costa.
Organizamos a presentación do Proxecto Muros en Betanzos
O Proxecto Muros trata de visibilizar a actual crise das persoas refuxiadas en Europa. O BNG-AA organiza o vindeiro luns 23 de maio a presentación do Proxecto Muros de Causas Comúns, ás 20 h. na Libraría Biblos en Betanzos.
Pedimos proxectos para crear emprego dous anos despois da supresión de Incoart
O BNG reclama ao goberno local iniciativas para dinamizar a actividade económica e crear emprego. Dous anos despois de que o goberno local decidirá deixar de prestar apoio á celebración de Incoart e a Feira de artesanía non hai ningún proxecto novo centrado na creación de emprego
"Non nos parece serio o novo cambio de postura do goberno sobre a débeda de Fadesa"
O BNG-Asembleas abertas de Miño criticou que o goberno municipal de Miño cambie outra vez máis de postura sobre o pago da débeda de Fadesa. Hai un mes dixeran en rolda de prensa que se renunciaba e, polo tanto, se devolvería o 50% do préstamo concedido polo Estado e que se aprazaba dez anos o pagamento da débeda cos expropiados de Fadesa. Agora decatámonos que a nova postura do PP de Miño e o seu alcalde é a de anular a devolución acordada e aceptar os 12,5 millóns de euros e fialo todo a que o Tribunal Supremo lles dea a razón no novo recurso que o propio PP recoñece que ten escasas posibilidades de saír adiante
O BNG exixe ao goberno coñecer as razóns para incumprir a lei de contratos coa escola infantil
O BNG-Asembleas abertas criticou que o goberno de Miño volva outra vez coas súas idas e voltas, esta vez coa escola infantil.
O BNG solicita nas súas alegacións a derrogación da taxa por denuncias urbanísticas
BNG presentou hoxe as súas alegacións á taxa por denuncias urbanísticas nas que solicita a súa derrogación.