Olalla Barro: "Estamos en contra da subida das tarifas da ORA"
O BNG-AA de Miño manifestou outra vez mais o rexeitamento a postura acordada onte na comisión onde se acordou os novos prezos da tarifa que rexerá a ORA co casco urbano e na Praia do Concello.
Miño, 10 de xuño de 2016. O BNG-AA de Miño manifestou outra vez mais o rexeitamento a postura acordada onte na comisión onde se acordou os novos prezos da tarifa que rexerá a ORA co casco urbano e na Praia do Concello.
"Desde o BNG sempre estivemos en contra de implantar a ORA no noso Concello porque nos parece un imposto insolidario e encima o que se acorda é a súa subida pasando de pagar no casco urbano a hora e media de aparcamento de 0,20 a 0,30 euros o que nos parece é que incide aínda mais no inxusto e insolidario desta taxa, declarou Olalla Barro portavoz do BNG-AA de Miño.
Desde o BNG consideran que cobro, un ano mais, da ORA na praia grande e a subida da mesma no casco urbano supón a aplicación de un imposto indirecto, e como tal inxusto e insolidario, onde vai pagar o mesmo unha persoa que leve no paro varios anos que outra que teña ingresos millonarios, declarou Barro.
Desde o BNG "parécenos que a proposta de ampliación da ORA debera facerse pública, e contar sempre coa opinión da veciñanza e ademais deberíase como mínimo establecer, bonificacións en función do nivel de renda para as persoas sen recursos ou colectivos en risco de exclusión social.