O BNG de Oza-Cesuras votará en contra da conta xeral no Pleno

BNG; Oza-Cesuras;
17-novembro-2018
Estefanía Busto é a portavoz do BNG de Oza-Cesuras

Estefanía Busto: Da partida para pavimentación de vías públicas quedou sen gastar a metade, o que demostra que o problema do noso concello non é a falta de fondos, senón a mala xestión, o alcalde anda constantemente a pedir premios pola fusión, mais despois non sabe que facer cos cartos.

O BNG de Oza-Cesuras votará en contra da conta xeral no Pleno

Oza dos Ríos, 19 de xaneiro de 2021. O BNG de Oza-Cesuras votará en contra da conta xeral do ano 2019 no Pleno que se celebrará mañá. As nacionalistas criticaron que se incumpriran todos os prazos que marca a lexislación para a súa aprobación. “Segundo establece a lei, a conta xeral deberá ser sometida a informe da Comisión Especial de Contas antes do día 1 de xuño, mais no nosos concello celebrouse en novembro”, explicou Estefanía Busto, concelleira do BNG. 

Desde o BNG cuestionan tamén o elevado gasto en órganos de goberno, “ademais dos 73.000 de salarios, gastaron en dietas 33.000, 13.000 euros máis do previsto, e a isto aínda que sumarlle 11.000 en atención protocolarias” expuxo Busto, “son unhas cifras escandalosas para un concello que apenas sobrepasa os 5000 habitantes, e máis tendo en conta as especiais circunstancias deste ano”, sinalou a concelleira nacionalista

“Por outra banda, non se realizan investimentos, o goberno tiña un total de 3.276.146 euros para investir e deixaron sen gastar 1.467. 537, e dicir, case o 45% do que podían investir quedou sen gastar” explicou Busto. “Por exemplo, da partida para pavimentación de vías públicas quedou sen gastar a metade, o que demostra que o problema do noso concello non é a falta de fondos, senón a mala xestión, o alcalde anda constantemente a pedir premios pola fusión, mais despois non sabe que facer cos cartos”, ironizou Busto

As nacionalistas destacan ademais que dos  579.221, 56 euros para fomento do emprego quedaron sen investir 229.259,77 “nun momento de grave crise social e económica é máis preciso que nunca o fomento do emprego, mais vese que o alcalde ten outras prioridades” concluíu Busto. 
O BNG de Oza-Cesuras votará en contra da conta xeral no Pleno