“O PROBLEMA DEMOGRÁFICO NO NOSO CONCELLO NON É DERIVADO DA PRESIÓN FISCAL, SENÓN DA FALTA DE SERVIZOS, TRANSPORTE, OFERTA CULTURAL OU DE LECER OU OPORTUNIDADES DE EMPREGO”

Votaremos en contra da subida do ICIO dun 2 a un 3,40% que propón o goberno local

Pleno virtual en Oza-Cesuras
Pleno virtual en Oza-Cesuras

“Para poder bonificar nun 95% ás persoas que queiran establecerse en Oza-Cesuras, todo o resto da veciñanza imos ter que pagar un 70% máis do que pagabamos”

Votaremos en contra da subida do ICIO dun 2 a un 3,40% que propón o goberno local

Oza dos Ríos, 16 de xuño de 2020. O BNG de Oza-Cesuras anunciou o seu voto en contra da modificación da ordenanza fiscal que regula o ICIO no pleno extraordinario que se celebrará mañá de forma telemática. “O ICIO é o imposto sobre construcións, instalacións e obras, a proposta da alcaldía pretende eliminar a bonificación do 95% para construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego nas que se desenvolvan actividades económicas cuns determinados investimentos de implantación e que supoñan a creación dun determinado número de postos de traballo” explicou Estefanía Busto, voceira do BNG.

“Pola contra, o goberno local propón bonificar nun 95% as obras de construción ou reforma de vivendas destinadas a residencia habitual, obrigando a unha permanencia de 3 anos. Segundo afirma o alcalde co fin de atraer poboación ao concello e incrementar o censo” expuxo Busto. “O problema demográfico no noso concello non é derivado da presión fiscal, senón da falta de servizos, transporte, oferta cultural ou de lecer ou oportunidades de emprego”, concluíu Busto.

“Para compensar a perda de ingresos desta bonificación propón subirlle ao resto da veciñanza de Oza-Cesuras a taxa nun 70% para calquera obra que non sexa destinada a vivenda habitual. De pagar un 2% a veciñanza de Oza-Cesuras imos pasar a pagar un 3,40% do valor estimado da obra para que se poidan bonificar ás persoas que queiran establecerse no noso concello”, explicou a portavoz do BNG. “Incluídas as explotacións e pequenas empresas que antes tiñan unha bonificación por creación de postos de traballo que agora se suprime”, concluíu.

Votaremos en contra da subida do ICIO dun 2 a un 3,40% que propón o goberno local