O BNG congratúlase de que por fin se volva a traballar nas beirarrúas de Salto
O BNG congratúlase de que por fin se volva a traballar nas obras nas beirarrúas en Salto que levaban meses paradas. Hai meses que as obras estaban paradas e parece que se reanudaron por fin esta semana despois de que tiveramos que insistir en varios Plenos sobre este tema debido ás molestias que estaban causando aos veciños e veciñas
Oza dos Ríos, 11 de xullo de 2014. O BNG congratúlase de que por fin se volva a traballar nas obras nas beirarrúas en Salto que levaban meses paradas. Hai meses que as obras estaban paradas e parece que se reanudaron por fin esta semana despois de que tiveramos que insistir en varios Plenos sobre este tema debido ás molestias que estaban causando aos veciños e veciñas, indicou Estefanía Busto, portavoz do BNG en Oza dos Ríos.
A situación en que se encontra a pista é moi deficiente, e viuse agravada coas choivas de semanas atrás, informou Busto. Non nos parece de recibo que o goberno local envíe ás casas unha revista pagada con cartos de todos e todas en que se da por rematada unha obra que levaba meses parada. Ademais todos podemos ver que as fotos que nos envian non teñen nada a ver con como se encontra actualmente esta estrada.
Busto: Non nos parece de recibo que o goberno local envíe ás casas unha revista pagada con cartos de todos e todas en que se da por rematada unha obra que levaba meses parada.
Actualmente a herba medrou entre a estrada e a beirarrúa, hai anacos de adoquíns rotos e soltos e restos de tuberías o que supón un grave trastorno tanto para os peóns como para os coches que pasan por alí, indicou a voceira nacionalista. As múltiples veces que nos interesamos nos Plenos por esta situación o goberno local non nos deu ningunha explicación razoábel para esta paralización fora de que non poden atender a todo, indicou Busto, aínda así parece que por fin se deron conta da situación e esperamos que se conclúan as beirarrúas e solucione a situación antes de volver a publicitalas con cartos dos nosos impostos.