Busto: Os orzamentos da Xunta son unha mostra de que a fusión de concellos só foron promesas"
O BNG de Oza dos Ríos critica que os orzamentos da Xunta non contemplan as obras que o PP prometeu para respaldar a fusión.
Oza dos Ríos, 29 de decembro de 2012. O BNG de Oza dos Ríos criticou que os orzamentos da Xunta de Galiza non contemplan ningunha partida para as obras condicionadas á fusión, estes orzamentos son unha mostra máis de que a fusión de concellos só foron promesas baleiras apuntou Busto agora non hai investimentos para todas as obras que se contemplaban no proxecto da fusión, nin centro de día nin escola infantil, da que por certo xa se inaugurou o cartel, pero que agora non teñen ningún financiamento real.
O proxecto de fusión foi un despropósito desde o comezo, todas as decisións se tomaron desde Santiago, sen ter en conta á veciñanza e as necesidades reais do concello engadiu a voceira nacionalista todo o informe remitía a futuros investimentos que agora vemos que non se cumpren, onde quedan agora as palabras de Diego Calvo e as partidas da Deputación que prometía? Onde quedan as promesas de grandes investimentos da Conselleira Mato?.
O PP mostra así a súa verdadeira faciana, os motivos da fusión son políticos, unha chantaxe que en ningún caso favorecerá á veciñanza de Oza dos Ríos, o único que conseguiron con este proxecto foi destruír o emprego emprego público como comprobamos recentemente cos despedimentos de empregados municipais criticou a portavoz do BNG.
Do mesmo xeito Estefanía Busto cuestionou a futura instalación de empresas no noso concello teremos que facer outro acto de fe e crer sen ningún compromiso escrito que ENCE ou Begano se van instalar en Oza, o único que temos son fotografías, mais ningún plan para fomento de emprego, as promesas de posto de traballo no actual contexto de crise e coas cifras de persoas desempregadas son unha chantaxe, é xogar coa ilusión da veciñanza engadiu a concelleira nacionalista.