O BNG valorou moi negativamente o proceso escurantista de fusión de Oza dos Ríos e Cesuras
Oza dos Ríos, 6 de xuño de 2013. A portavoz municipal do BNG en Oza dos Ríos, Estefanía Busto, valorou moi negativamente a decisión do Consello da Xunta de aprobar mediante decreto a fusión de Oza e Cesuras.
O Consello da Xunta vén de aprobar de xeito definitivo a fusión dos concellos de Oza e Cesuras, malia non ter ningún respaldo da oposición e sobre todo, da veciñanza informou a concelleira nacionalista todo o proceso foi unha manobra escura deseñada polo PP en Santiago, a costas da veciñanza, mesmo chegaron a ocultar as inhabilitacións dos exalcaldes engadiu Busto.
O problema non é o número de concellos, como mantén Feijóo, e nin as fusións nin a reforma de réxime local van solucionar os problemas da veciñanza, desde o BNG mantemos que a solución pasa pola supresión das deputacións provinciais. O único que pretende o PP coa fusión de concellos é fortalecer as deputacións provinciais, que son institucións valeiras, que o PP precisa para colocar a súa xente a dedo informou Busto Feijóo afirma que as fusións son positivas para a veciñanza, pero o que realmente está a facer o PP está a desmantelar as administracións máis próximas ao pobo e dando lugar a un estado cada vez máis centralista, que non ten nada de positivo para as veciñas e veciños de Oza afirmou a voceira nacionalista.
Estefanía Busto: O único que pretende o PP coa fusión de concellos é fortalecer as deputacións provinciais. Os intereses da veciñanza de Oza dos Ríos e Cesuras nunca foron unha prioridade para o PP.
O PP chantaxeou ás veciñas e veciños de Oza con promesas falsas, xa fai máis de un ano que se iniciou este proceso e agora estamos vendo que non se cumpriron, o PP mentiu sobre a instalación de Begano, os postos de traballo, a escola infantil e as enormes subvencions que xa comprobamos nos orzamentos que eran unha tremenda mentira explicou a concelleira do BNG. Feijóo actúa como brazo executor do goberno central, fica claro que o benestar da veciñanza é o que menos lle preocupa ao PP, o único que lle interesa á Xunta é o beneficio do PP. Utilizaron desde o primeiro momento a fusión como cortina de fume para evitar que se dea o debate sobre a crise e as medidas suicidas dos gobernos do PP e desde sempre este foi o seu obxectivo principal. Os intereses da veciñanza de Oza e Cesuras sempre lles deron igual concluíu Busto.