O BNG critica a falta de información sobre a supresión de paradas do tren

O BNG critica a falta de información sobre a supresión de paradas do tren

Betanzos, 3 de xuño de 2013. O BNG denunciou a falta de información de Renfe sobre a supresión de paradas en apeadeiros coma o de Oza dos Ríos, Miño ou Perbes. “Non houbo ningunha información de frecuencias se suprimiron”, criticaron desde o BNG, “a única maneira de ter acceso a esa información e consultar directamente os horarios na páxina web de Renfe e, aínda así, comprobamos que non todos están correctamente actualizados”.

Desde o BNG criticaron tamén que con estas medidas se desmantela  a articulación ferroviaria por tren da comarca. “Oza dos Ríos quedaría cunha soa parada diaría e en Miño e Perbes suprimen  todas as paradas”, explicou a responsábel do BNG das Mariñas, Cristina López, “ o que están facendo e imposibilitar calquera comunicación por tren dentro da propia comarca, xa que non hai maneira de poder viaxar en tren e volver no mesmo día a cabeceira comarcal e do partido xudicial que é Betanzos”.

No caso de Betanzos, suprimen unha das frecuencias de Betanzos cidade por media distancia pero si que é certo que se amplian en Betanzos Infesta xa que se poñen en circulación mais trens que fan percorridos de longa distancia. “As frecuencias de trens que pasan por Betanzos e por Betanzos Infesta, sobre todo, si que é certo que se manteñen ou incluso se incrementan lixeiramente”, explicou, “o problema é que non nos comunica coa nosa propia comarca e polo tanto non o podemos utilizar para a nosa actividade diaría para a que cada vez mais dependemos do coche particular”.

O BNG de Betanzos denunciou tamén a falta de actuacións do goberno local do PSOE

O BNG denunciou no Pleno que, a pesar de que “hai uns meses o Pleno aprobou unha moción do BNG  en defensa dos camiños de ferro” o alcalde non respondeu á solicitude de xuntanza e respaldo do sindicato maioritario entre os ferroviarios, a CGT.

Este feito foi denunciando publicamente por integrantes do sector ferroviario desta central sindical durante o acto público celebrado co BNG, no que se informou sobre as intencións do Ministerio de Fomento de suprimir desde o 1 de xullo tres cuartas partes dos trens que fan parada en Betanzos. “Ou que pasan e paraban e agora van pasar de largo, segundo a Ministra”, ironizou o voceiro do BNG, Henrique del Río.

A concelleira do BNG María Otero, denunciou no Pleno a actitude do alcalde. “Se non tiñan pensado facer nada en defensa do tren de proximidades, para que apoiaron de xeito hipócrita a moción do BNG?”, interpelou a nacionalista. Desde o BNG esixiron coñecer “por que non deron traslado deste escrito ao Pleno?”, cousa que si fai o goberno do PSOE con escritos de outras entidades e institucións cando son favorábeis aos seus posicionamentos.

 

O BNG critica a falta de información sobre a supresión de paradas do tren