O BNG cuestiona a opinión do Consello Consultivo a respecto da fusión de Oza e Cesuras
Oza dos Ríos, 30 de maio de 2013. A portavoz municipal do BNG en Oza dos Ríos, Estefanía Busto, cuestionou o dictame do Consello Consultivo a respecto da fusión de concellos, tras saberse que deu por válido o acordo da fusión nos Plenos de Oza e Cesuras.
O Consello Consultivo avalou a legalidade dos acordos adoptados nos Plenos de Oza dos Ríos e Cesuras malia a condena do daquela alcalde de Cesuras polo PP, Julián Lucas, e a inhabilitación do concelleiro popular de Oza, José Peón informou a concelleira nacionalista. Gustaríanos saber se o Consello Consultivo tiña constancia de que estes dous destacados membros do PP non podían ocupar un cargo electo engadiu Busto.
Non sei se José Ramón Peón tivo ocasión de elixir se cumpría ou non a súa sentenza, ironizou Busto a respecto da situación legal do exalcalde,. El mesmo recoñeceu publicamente que Yo ejercí de alcalde mientras la sentencia no era firme. Ahora, en el momento que pidan la ejecución, olvídate... Si lo piden me iré, a mí me trae sin cuidado, non sei que está esperando o PP para aclarar esta situación, esiximos que actúen en consecuencia, afirmou a portavoz do BNG.
Estefanía Busto: Esiximos saber se o Consello Consultivo tiña constancia de que os acordos da fusión foron votados por persoas inhabilitadas.
Os nacionalistas cuestionaron que o Consultivo antepoña a lei de réxime local española á galega cando lles interesa. O propio Consello Consultivo contradise co que informou no caso da fusión de Alfoz e O Valadouro, aí dicía que a Lei galega tiña prioridade, denuncia Busto. Deputación, Xunta e Consultivo, dirixidos polo PP, están escollendo a lei que aplican en cada caso atendendo aos seus intereses lamentan desde o BNG, xa que todo o proxecto da fusión estaba baseado na Lei local galega.
Pero hai persoas inhabilitadas cuxos votos foron clave para sacar os acordos por maioría, insiste a voceira dos nacionalistas de Oza. O que mal comeza, mal acaba e é evidente que este proceso de fusión fracasou desde o comezo, asegura. Por este motivo, exixe ao PP que recoñeza que cometeron un erro con esta fusión e denuncia que caeron as mentiras dos postos de traballo da Coca Cola e quedou en evidencia que estes dous alcaldes non eran todo o exemplares que Feijóo dicía.