O BNG esixe seguridade viaria na estrada Tatin - Moruxo
31 maio 2013 - 12:42
Bergondo, 30 de maio de 2013. O BNG de Bergondo, facendose eco das reclamacións trasladadas por veciños e veciñas do lugar esixe a Deputación da Coruña que tome medidas encamiñadas a mellorar a seguridade viaria na estrada Tatín - Moruxo.
Según nos trasladan os veciños e veciñas, na 1ª fase de ampliación desta estrada poden detectarse fácilmente diversas irregularidades no seu acabado como por exemplo, non se teñen habilitado lugares para os contedores do lixo invadindo estes as beirarúas, e as rampas de pichi para os accesos co coche as vivendas invaden a estrada e provocan que a auga corra polo medio.
Os veciños e veciñas tamén nos teñen mostrado a súa preocupación xa que coa mellora da estrada, e a pesares de contar con sinais de limitación de velocidade, os vehículos sobrepasan os límites amplamente, durante algunhas noites, e nomeadamente nas fins de semana, teñense levado a cabo carreiras de coches, e xa se teñen producido varios indicidentes como o volcado dun coche, o atropelo de varios animais, ...
Dende o BNG solicitamos que se poña solución a estes problemas de seguridade viaria que, de non arranxarse agora viran en aumento co remate das obras da 2ª fase ainda en execución. A colocación de bandas rugosas, nomeadamente nos pasos de cebra, que obriguen a reducir a velocidade, ou a instalación dun radar móvil poderían axudar a solucionar estes incidentes.