O BNG critica que o PP mantivera no seu posto na alcaldía de Cesuras a un condenado por estafa
Oza dos Ríos, 29 de maio de 2013. A portavoz municipal do BNG en Oza dos Ríos, Estefanía Busto, criticou que o presidente da Deputación e secretario xeral do PP na Coruña, Diego Calvo, se desentenda da condena por estafa ao ex-alcalde de Cesuras. Sabían das actividades e proceso xudicial contra Julián Lucas e mantivérono na alcaldía a pesar de todo, asegurou.
E agora, que se fai pública a condea por estafa, Lucas escapa para non dar a cara e Calvo lávase as mans como Pilatos e o abandona á súa sorte, denuncia.
A condea que pesa sobre Julián Lucas, exalcalde de Cesuras polo PP inhabilítao para ser elixido informou a concelleira nacionalista. Isto implica que os últimos acordos adoptados en relación á fusión dos concellos de Cesuras e Oza dos Ríos, que Lucas alentaba, serían ilegais apuntou Busto.
Isto é só unha mancha máis en todo este escuro proceso da fusión, desde o BNG seguimos opoñéndonos á fusión, non só pola acusación de Lucas, senón porque se fixo de costas á veciñanza e até o de agora non rep
O PP puxo como exemplo de alcaldes modélicos a González Cacheiro e a Lucas polo anuncio da fusión, recordou Busto. Agora que Calvo se desentende do ex-alcalde de Cesuras pola súa condea por estafa, estaría ben que explicasen se segue a ser unha persoa exemplar ironizou. Tanto os alcaldes como o proxecto de fusión fracasaron explicou Busto, xa que non aparecen por ningures os centos de postos de traballo que prometeron.ortou ningún beneficio para as veciñas e veciños de Oza afirmou a voceira nacionalista. Todo este proceso estivo asentado en promesas falsas e desde o BNG seguimos a demandar información verídica.
Estefanía Busto: A condena de Julián Lucas é só unha mancha máis en todo este escuro proceso da fusión
Lucas non é o primeiro que escapa desta fusión, hai unhas semanas soubemos que non se vai instalar no noso concello a planta de Begano, ironizou a concelleira do BNG. O PP debería escoitar á veciñanza e á oposición e renunciar a un proceso de fusión condenado ao fracaso concluíu a portavoz do BNG.
En canto á posíbel imputación José Ramón Peón, exalcalde de Oza dos Ríos, o BNG mantense cauto, se é certo que está inhabilitado non é tolerabél que estea exercendo como concelleiro e como asesor da Deputación, esiximos ao PP que aclare en que situación legal se atopa Peón, se hai sentenza, se non a hai e que medidas teñen pensado tomar apuntou Busto, non vai ser que nos teñamos que enterar pola prensa como no caso de Lucas engadiu a concelleira nacionalista.