O BNG reflicte nunha balconada o seu rexeitamento á modificación da lei do aborto
O BNG presentou esta tarde unha balconada en defensa dos dereitos das mulleres a decidir sobre o seu corpo. Esta acción englóbase dentro da campaña en contra do proxecto de modificación da lei do aborto que co lema Aborto libre e gratuíto.
Betanzos, 10 de xullo de 2014. O BNG presentou esta tarde unha balconada en defensa dos dereitos das mulleres a decidir sobre o seu corpo. Esta acción englóbase dentro da campaña en contra do proxecto de modificación da lei do aborto que co lema Aborto libre e gratuíto. O noso corpo, a nosa decisión, que o BNG leva meses levando a cabo por todo o país.
A responsábel de acción feminista do BNG das Mariñas, Estefanía Busto, asegurou que pretendemos concienciar á sociedade sobre o retroceso que a reforma do PP supón nos dereitos das mulleres e facer público o noso rexeitamento a esta lei.
Queremos aproveitar un concurso tradicional en Betanzos como é o certame de balconadas para reclamar o dereito das mulleres a decidir sobre cando, como e con quen queremos ser nais, explicou Busto.
O BNG reclamou que o concello volva a colgar a faixa na casa do Concello
O concello de Betanzos aprobara no Pleno, a proposta do BNG, colgar unha faixa na casa do concello para mostrar o seu rechazo á modificación desta lei, mais hai xa un mes que a retirou. Non sabemos se o goberno local do PSOE pensou que o Partido Popular retirara este proxecto de lei, ironizou Henrique del Río, portavoz do BNG de Betanzos.
Todo parece indicar que o Partido Popular vai seguir adiante con esta proposta e pensamos que o Concello tería que volver a colgar esta faixa e demostrar o seu rexeitamento como ademais o Pleno acordou, indicou Del Río.
Efectivamente o goberno local do PSOE colgou unha faixa mostrando o rechazo do Pleno ao recorte de dereitos das mulleres, mais retirouna hai tempo. Pensamos que é un tema moi importante e todo parece indicar que o Partido Popular vai seguir adiante con esta proposta e pensamos que o Concello tería que volver a colgar esta faixa e demostrar o seu rexeitamento como ademais o Pleno acordou, indicou Del Río.