O BNG manterá o seu recursos mentres o PP non modifique o criterio de elección da xestora de Oza
Oza dos Ríos, 12 de xuño de 2013. O BNG anunciou que manterá o seu recurso contra o acordo de fusión e o nomeamento da xestora do novo concello faga a Xunta os cambios que lle dea por facer agora. Os nacionalistas insisten en que recorrerán tanto a participación dos exalcaldes do PP Lucas e Peón, inhabilitados por sentenza xudicial firme, e o nomeamento da xestora por parte do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
Do mesmo xeito, os nacionalistas manteñen a súa intención de exixir ao vicepresidente do goberno do PP explicacións no Parlamento de Galiza polo despropósito do golpe de estado institucional que o PP perpetra en Oza e Cesuras para deixar fóra do Concello ao BNG.
Se legalmente o BNG se ve nomeado para participar nesta xestora non imos renunciar á nosa responsabilidade coa xente que confiou en nós e deixar por única representación da veciñanza ao PP.
Os nacionalistas indicaron que non renuncian a darlles voz ás máis de 800 persoas que escolleron ao BNG para representalos nos disoltos Concellos de Oza dos Ríos e Cesuras. Non podemos deixar a representación destas 800 veciñas e veciños en mans do PP, porque confiaron en nós e non podemos defraudar a súa confianza, indicou Estefanía Busto, voceira do BNG en Oza. Se legalmente o BNG se ve nomeado para participar nesta xestora non imos renunciar á nosa responsabilidade coa xente que confiou en nós e deixar por única representación da veciñanza ao PP, conclúe.