O BNG insta ao Goberno Local a garantir a calidade das augas das fontes públicas
Bergondo, 1 de xullo de 2013. O BNG de Bergondo reclama ao Goberno Local que tome as medidas oportunas, como a realización de controis periodicos que garantan a calidade e seguridade para o consumo das augas das fontes públicas coas que conta o municipio.
Os nacionalistas explicaron que son moitos os veciños e veciñas que fan un uso cotián das fontes tradicionais e, por este motivo, entendemos que é necesario facer un esforzo para garantir a calidade da auga que mana desas fontes. O Concello debe facer controis periódicos da auga para garantir que son aptas para o consumo humano.
O BNG reclama ao goberno local a realización de controis periódicos xa que son moitos os veciños e veciñas que fan uso das fontes tradicionais
Recentemente varios veciños trasladáronnos as súas queixas ao atoparonse indispostos logo de facer uso, en concreto, da coñecida como fonte do Caño, polo que consideramos que sería recomendabel a realización de controis periodicos das fontes públicas explicaron desde o BNG, e en caso de que as analises amosasen un resultado negativo se indicase por medio dalgún sinal para evitar que se repitan situacións como estas que poden afectar a saúde dos veciños e veciñas.