O BNG insiste en o alcalde non convoca os plenos ordinarios para eludir o control da oposición
Estefanía Busto: Hoxe debería terse celebrado o Pleno ordinario, pero non foi convocado. O alcalde só convoca plenos urxentes e extraordinarios para evitar que a oposición poida facer a súa labor.
Oza dos Ríos, 19 de setembro de 2012. A portavoz municipal do BNG en Oza dos Ríos, Estefanía Busto, acusou ao alcalde de intentar amordazar á oposición. A voceira nacionalista reprochou ao goberno local do PP que non permita debater ningunha das propostas que o BNG presentou no Concello.
Hoxe debería terse celebrado o Pleno ordinario, pero non foi convocado, informou a concelleira nacionalista, segundo o acordo do pleno de organización as convocatorias deberan ser o terceiro mércores do último mes de cada trimestre. Así que hoxe tería que terse celebrado hoxe.
O alcalde só convoca plenos urxentes e extraordinarios para evitar que a oposición poida facer a súa labor, engadiu Estefanía Busto, convocou un Pleno extraordinario urxente para un asunto que levaba meses enriba da mesa hai menos dunha semana, pero non respeta as convocatorias ordinarias impedindo así debater as nosas propostas.
Con esta actitude o alcalde está impedindo que se expresen libremente unha parte das veciñas e veciños que non confiaron en el para dirixir o Concello afirma a concelleira nacionalista. Busto advirte ao alcalde que evitando que a oposición presente iniciativas ao Pleno non me impide falar a min ou ao BNG, está negándolle o dereito a expresarse a un importante número de veciños de Oza que non pensan como el.
A portavoz municipal do BNG denuncia que con esta actitude o goberno do PP atenta contra o dereito dos veciños a participar no Concello. No que vai de lexislatura o alcalde convocou só dous plenos ordinarios nos que ademais non incluiu a debate ningunha das propostas da oposición. Só se puido debater unha das mocións do BNG en ano e medio, insistiu, isto é o que o PP considera un goberno forte, aquel que só escoita aos veciños o día das eleccións e despois dalles as costas.