O BNG exixe que se inclúa no pleno extraordinario a súa moción sobre o copago do comedor escolar
Irixoa, 28 de xuño de 2013. Se o alcalde está moi interesado en debater a moción do BNG sobre o copago do comedor escolar por parte das familias de Irixoa, o lóxico é que se inclúa na orde do día do pleno extraordinario que anuncia para a vindeira semana .
O pleno ordinario no Concello de Irixoa tería que celebrarse o pasado mércores 26 de xuño. Os motivos aducidos polo alcalde foron falta de asuntos a incluir no mesmo, sabendo que exístia una moción do BNG presentada no rexistro municipal .
O BNG valora positivamente a rectificación do goberno municipal, anunciando a celebración dun pleno extraordinario a vindeira semana, terá que incluir o debate da moción do grupo nacionalista.