O alcalde de Irixoa anula o pleno ordinario do mes de Xuño para impedir o debate dunha moción do BNG
Irixoa, 26 de xuño de 2013. Os plenos no concello de Irixoa o último mércores dos meses pares. O mércores 26 de Xuño debería celebrarse, pero a concelleira do BNG, Rosa Rivas recibiu un correo electrónico no que se lle comunicaba que se suspendía a celebración do pleno por falta de asuntos a incluir no mesmo.
O alcalde de Irixoa é coñecedor dunha moción presentada polo BNG no rexistro municipal o pasado martes día 18 Xuño do 2013. Polo tanto é falso que non houbera asuntos a incluir,pois as mocións só se poden presentar nos plenos ordinarios.
O alcalde de Irixoa anula o pleno ordinario do mes de Xuño para impedir o debate dunha moción do BNG sobre o copago do comedor escolar.
O BNG lamenta estas actitudes do alcalde ,que non dubida en vulnerar a Lei de Bases de Réxime Local,que establece una periodicidade mínima de 2 meses para a celebración dos plenos,e todo elo coa intención de silenciar a protesta masiva das nais e pais de Irixoa que terán que pagar o comedor escolar dos seus fillos debido a que así o determina o goberno do Partido Popular na Xunta.
O BNG esixe o alcalde que cumpla a lei e que convoque de inmediato un pleno extraordinario no que se inclúa a moción presentada polo BNG.