O BNG de Irixoa rexistra unha moción rexeitando o copago no comedor escolar do CPI Virxe da Cela

O BNG de Irixoa rexistra unha moción rexeitando o copago no comedor escolar do CPI Virxe da Cela

Irixoa, 18 de xuño de 2013. O BNG solidarizase coas protestas manifestadas pola ANPA deste centro e convida as persoas interesadas a asistir o pleno ordinario que se celebrará o próximo mércores 26 de Xuño a partir das 12 da mañán.

O goberno do PP na Xunta de Galiza deu a coñecer recentemente un novo recorte no dereito á educación dos galegos e galegas cunha medida que afecta directamente á práctica totalidade da poboación de Irixoa que ten fillos en idade escolar, posto que o único Centro nas proximidades é o CPI Virxe da Cela, no concello limítrofe de Monfero, que leva máis de 30 anos funcionando con comedor gratuito e que a partir do próximo curso deixará de selo.

A maioría dos afectados descoñece a estas alturas o alcance desta medida anunciada polo Goberno da Xunta e que afectará a centos de persoas no Concello.

O BNG rexistrou no dia de onte unha moción sobre o copago no C.P.I. Virxe da Cela.

A austeridade do PP convértese nunha máquina de recadación en Irixoa, un concello xa seriemante afectado pola crise do sector leiteiro e agrogandeiro e onde a partir de setembro, a totalidade da poboación con fillos en idade escolar terá que desembolsar entre 20 e 90 € mensuais, coa excepción das persoas en exclusión social certificada polos servizos sociais municipais.

Por cada fillo matriculado no único Centro Público cercano, cada familia deberá ingresar á Xunta entre 175€ e 780 € por cada curso académico, unha nova e importante carga económica para a totalidade das familias dun concello rural con poboación dispersa que unha vez máis se ve seriamente afectado polos recortes do Partido Popular.

Todos estes recortes no ensino público realízanse ao mesmo tempo que se o goberno galego da 240 millóns de subvención ao ensino concertado, e 3 millóns de euros de subvención para centros que segregan ao alumnado por razón de xénero e que o propio Tribunal Superior de Xustiza de Galiza declarou ilegal.

O BNG recabará o apoio unánime da Corproración, para que o goberno autonómico saiba que o conxunto dos representantes do Concello de Irixoa rexeita este novo copago.

 

O BNG de Irixoa rexistra unha moción rexeitando o copago no comedor escolar do CPI Virxe da Cela