Atencións protocolarias, propaganda, dietas e transporte neste ano 2012, levan 48 000 en Oza
O BNG criticou o despedimento dun terzo da plantilla do concello e o desmantelamento do servizo de promoción de emprego.
Oza dos Ríos, 23 de novembro de 2012. A concelleira do BNG de Oza dos Ríos, Estefanía Busto, informou hoxe de que o BNG votará en contra dos orzamentos municipais de 2012 e 2013 que se debateran no Pleno o vindeiro luns.
É escandaloso o gasto en atencións protocolarias, propaganda, dietas e transporte neste ano 2012, case 48 000, informou a portavoz do BNG. mentres a maioría da poboación esta padecendo graves recortes o goberno local derrocha unha cantidade indecente de cartos públicos en gastos superfluos, esta é a austeridade do PP en Oza.
Do orzamento do 2013 destacou que a proposta da alcaldía supón unha destrución de emprego, amortizando até 11 prazas, un terzo do total de postos de traballo do Concello. O alcalde mentiu descaradamente nas súas declaracións aos medios no día de hoxe, non son 4 as prazas que suprimen son 11, denunciou a concelleira nacionalista, parécenos vergonzoso que o goberno local do PP gastara case 48 000 euros en cousas como comidas ou transporte e agora digan que temos que axustar despedindo empregados públicos.
Busto incidiu tamén en que desmantelan todo o que ten a ver coa promoción do emprego. Desaparecen as partidas para fomento do emprego e isto é especialmente grave nun momento de crise económica terríbel coma o que estamos a vivir. Con 230 veciños e veciñas de Oza no desemprego o alcalde suprime todo investimento para o fomento do emprego e aínda sae na prensa facéndose a vítima porque ten que reducir á metade o seu salario, criticou Estefanía Busto, resulta vergonzoso.
O único plan de dinamización económica local depende da implantación dunha multinacional e agora vemos os resultados engadiu a portavoz nacionalista, resulta que o que venderon a bombo e platillo nos medios de comunicación tradúcese en despedimentos de persoal, en recortes en servizos como o fomento do emprego, cultura ou deportes.
Non sabemos onde quedan as promesas de Diego Calvo, cando afirmaba que os traballadores de Oza e Cesuras pasarían a formar parte da plantilla do novo concello, ironizou Busto, mentiron naquel momento e seguen mentindo pero agora xa vemos que a fusión non é a solución aos problemas dos veciños e veciñas de Oza.
Non sabemos onde quedan os subornos da Deputación afirmou Estefanía Busto en relción ás supostas vantaxes da fusión. Estes orzamentos demostran que unha vez finalizado o proceso de fusión, o concello de Oza deixa de interesarlle á Deputación, que de mais de 320 000 euros en transferencias ao Concello de Oza para mercar o visto bo dos veciños á fusión pasan a 20 euros agora que o proceso está a piques de rematar.