O BNG reclamou da reserva da Biosfera que interveña paralizando o recheo na Praia de Miño
O BNG reclamou da reserva da Biosfera, que interveña paralizando o recheo na Praia de Miño e que elabore un estudo serio sobre a situación da Ría e alternativas para a súa rexeneración integral
Miño, 2 de xuño de 2014. O BNG reclamou da reserva da Biosfera, que interveña paralizando o recheo na Praia de Miño e que elabore un estudo serio sobre a situación da Ría e alternativas para a súa rexeneración integral. Pensamos que os concellos, nomeadamente o de Miño, teñen que deixar de pensar a curto prazo e pensar en que herdanza lles imos deixar aos nosos fillos e netos, indicou Henrique Abraira, non podemos centrarnos só en que a praia estea bonita dentro dun mes e en beneficiar a determinadas empresas, teremos que pensar que vai pasar co noso patrimonio natural dentro de 10 ou 20 anos.
Parécenos vergoñento que se permita á unha empresa verter a área do dragado do Porto Exterior de Punta Langosteira na Praia Grande de Miño e aínda se lle paguen 800 000 euros de cartos públicos por estragar máis a nosa Ría, criticou Henrique Abraira do BNG de Miño. Trátase ademais dun gasto totalmente prexudicial para o estado da Ría, porque o mar vai volver levar a area que se está acumulando na desembocadura do río Baxoi impedindo esta desembocadura e e polo tanto están a modificar o caudal de auga dun humedal protexido dun altísimo valor ecolóxico, o das marismas do Baxoi, que pertencen á Rede Natura e conforman unha das zonas núcleo da Reserva da Biosfera".
Desde o BNG reclamaron da dirección da Reserva da Biosfera e dos concellos que limitan coa Ría de Betanzos que actúen dunha vez para defender o patrimonio natural e apoiar as demandas veciñais
Desde o BNG reclamaron da dirección da Reserva da Biosfera e dos concellos que limitan coa Ría de Betanzos que actúen dunha vez para defender o patrimonio natural, en teoría a función desta figura da Reserva da Biosfera non é enviar fondos públicos para que o PP poida facer clientelismo senón garantir a pervivencia do noso patrimonio, criticou Abraira.
Desde a praia de Sada, á depuradora que pretenden construir na praia de Gandarío e os múltiples recheos que xa sufriu, este recheo na praia de Miño ou os verquidos directos ao rio Mandeo e á propia Ría, hai multitude de problemas medioambientais que afectan ao conxunto da Ría e que a convertiron en Zona C para o marisqueo e con praias non aptas para o baño debido a calidade das augas, explicou a responsábel do BNG das Mariñas, Cristina López, mentres tanto os concellos, como a Deputación ou a propia dirección da Reserva da Biosfera miran para outro lado e permiten que a nosa Ría se siga degradando ano tras ano.
Parécenos vergoñento que se permita á unha empresa verter a área do dragado do Porto Exterior de Punta Langosteira na Praia Grande de Miño e aínda se lle paguen 800 000 euros de cartos públicos por estragar máis a nosa Ría
Reclamamos que se faga un estudo serio da situación da Ría de Betanzos e das alternativas para a súa rexeneración porque cos 800 000 euros que se están malgastando só na praia de Miño xa sería suficiente para poder pagalo, criticou, desde o BNG levamos anos pedindo estas actuacións de rexeneración nos orzamentos do Estado sen éxito ningún. Parece que a Ría de Betanzos queda moi lonxe de Madrid, ironizou.