Advertimos ao goberno de Ricardo Sánchez e o PP que os xuros tamén son parte da débeda que teñen coas expropiadas
“A postura do executivo local o único que leva e que canto mis tempo se tarde en pagar a débeda, esta será maior a consecuencia de que os xuros seguirán medrando”.
O BNG demanda que se lle exixan responsabilidades patrimoniais a quen aprobaron Costa Miño Golf
“A postura do executivo local o único que leva e que canto mis tempo se tarde en pagar a débeda, esta será maior a consecuencia de que os xuros seguirán medrando”.
O BNG demanda que se lle exixan responsabilidades patrimoniais a quen aprobaron Costa Miño Golf
Miño, 2 de marzo de 2018. O BNG censurou a intención do alcalde, Ricardo Sánchez Oroza, de non pagar os xuros da multimillonaria débeda que o seu goberno mantén coa veciñanza de Perbes e Vilanova. O rexedor volveu negarse a pagar os xuros desta débeda ao anunciar que o goberno español ven de darlle outro crédito ao Concello para pagar outra parte do principal da multimillonaria sentenza pola expropiación de Costa Miño Golf.
As nacionalistas de Miño lémbranlle ó Ricardo Sánchez “que cando se ten unha débeda con alguén, e esta é recoñecida xudicialmente, sempre se engade a débeda os xuros correspondentes polo tempo do impago e que ademais no caso dos expropiados de Miño o pago destes xa foi recoñecido por sentenza xudicial”.
Neste sentido, desde o BNG miñense reclaman ao goberno do PP e Sánchez Oroza “que se deixen de dar largas e que se cumpran as sentenzas xudiciais”. Explican que a postura do executivo local “o único que leva e que canto mis tempo se tarde en pagar a débeda, esta será maior a consecuencia de que os xuros seguirán medrando”.
Destacan que a causa da xestión do PP, no que Sánchez Oroza se apoiou para aferrarse á alcaldía, “Miño é un dos concellos máis endebedados de Galiza”. Aseguran que “as decisións dos gobernos do PP de todos estes anos supuxeron poñer por diante os intereses particulares e empresas privadas e vez dos intereses dos veciños e veciñas, contra os que sistematicamente se recorreron as sentenzas xudiciais que unha tras outra saian favorables os expropiados”.
Exixencia de responsabilidades a quen aprobaron Costa Miño Golf
“Hai responsábeis desta situación, que votaron a favor das decisións urbanísticas que levaron Miño á situación que ten hoxe, e que aínda hoxe seguen no goberno. O primeiro será que esas persoas respondan polas súas decisións e respondan co seu propio patrimonio”, explicaron desde o BNG de Miño.
“Aínda que tamén é obvio que a Xunta, que aprobou o planeamento que deu lugar a este desastre tamén ten a súa parte de responsabilidade e polo tanto terá que contribuír agora a dar solución a esta situación. O estado que aprobou a lei que permitía estas expropiacións para empresas privadas tamén ten responsabilidades pero ningunha destas persoas que tomaron estas decisións asumiu responsabilidade ningunha e a realidade é que a veciñanza é a que está pagando as consecuencias”, engadiu.
“Trátase dun timo aos veciños e veciñas de Miño que non ían gañar nada se o ‘pelotazo’ de Fadesa dera as cantidades tremendas de beneficios que calculaban pero que si ten que asumir agora a débeda provocada por esta operación especulativa”, critican desde o BNG. “Mentres as persoas expropiadas levan 10 anos en xuízos para cobrar un prezo xusto polas súas fincas, e a veciñanza vai ter que asumir a estafa de Fadesa, o PP, responsábel da situación segue gobernando Miño, a Xunta e o Estado sen facer nada para evitar que pague os pratos rotos os veciños e veciñas de Miño. É indignante”, conclúen.