Entendemos que o culpábel da "estafa" de Miño é o PP e que a veciñanza non debe pagala
Despois da sentenza do Tribunal Supremo condenando ao concello de Miño a pagar un 25% aos expropiados de Fadesa, o BNG pediu ao goberno local de Ricardo Sánchez e o PP que deixe de malgastar cartos públicos en recorrer en contra da veciñanza - o concello leva 10 anos en litixios e recursos por este tema e perdeunos todos, millóns de euros dos nosos petos en recursos e costas xudiciais- e busque unha saída á situación gravísima que vive o Concello de Miño.
Miño, 8 de novembro de 2017. Despois da sentenza do Tribunal Supremo condenando ao concello de Miño a pagar un 25% aos expropiados de Fadesa, o BNG pediu ao goberno local de Ricardo Sánchez e o PP que deixe de malgastar cartos públicos en recorrer en contra da veciñanza - o concello leva 10 anos en litixios e recursos por este tema e perdeunos todos, millóns de euros dos nosos petos en recursos e costas xudiciais- e busque unha saída á situación gravísima que vive o Concello de Miño. “O Concello xa está condenado a pagar máis de 25 millóns de euros cun orzamento de 5 millóns anuais e isto podería condenalo a un 25% máis pola anulación do proxecto expropiatorio, é inasumíbel para o Concello”, explicou a portavoz do BNG, Olalla Barro.
“Hai responsábeis desta situación, que votaron a favor das decisións urbanísticas que levaron Miño á situación que ten hoxe, e que aínda hoxe seguen no goberno. O primeiro será que esas persoas respondan polas súas decisións e respondan co seu propio patrimonio”, explicaron desde o BNG de Miño.
“Aínda que tamén é obvio que a Xunta, que aprobou o planeamento que deu lugar a este desastre tamén ten a súa parte de responsabilidade e polo tanto terá que contribuír agora a dar solución a esta situación. O estado que aprobou a lei que permitía estas expropiacións para empresas privadas tamén ten responsabilidades pero ningunha destas persoas que tomaron estas decisións asumiu responsabilidade ningunha e a realidade é que a veciñanza é a que está pagando as consecuencias”, engadiu.
“Trátase dun timo aos veciños e veciñas de Miño que non ían gañar nada se o ‘pelotazo’ de Fadesa dera as cantidades tremendas de beneficios que calculaban pero que si ten que asumir agora a débeda provocada por esta operación especulativa”, criticou a portavoz nacionalista.
“Mentres as persoas expropiadas levan 10 anos en xuízos para cobrar un prezo xusto polas súas fincas, e a veciñanza vai ter que asumir a estafa de Fadesa, o PP, responsábel da situación segue gobernando Miño, a Xunta e o Estado sen facer nada para evitar que pague os pratos rotos os veciños e veciñas de Miño. É indignante”, concluíu.