"PARECE QUE SE QUERE COMPENSAR AOS PROPIETARIOS A CAUSA DA REDUCCIÓN DE ALTURAS QUE A XUNTA EXIXE FACER NO ENTORNO DE OS CONDES A COSTA DO QUE VAI SER DE TODOS"

Cuestionamos que se reduza o espazo público na nova ordenación de San Cidre

BNG-BERGONDO;..CANDIDATURA;..19-marzo-2019
David Carro é o portavoz municipal do BNG en Bergondo

“Se a modificación fose para conseguir solo para unha dotación público para un servizo para a veciñanza como un xeriátrico ou un centro de día público entenderiamos a urxencia mais para recualificar para construír unha urbanización e unha área comercial sinceramente non vemos que urxencia ten, para non poder agardar á aprobación do Plan Xeral”

"Parece que se quere compensar aos propietarios a causa da reducción de alturas que a Xunta exixe facer no entorno de Os Condes a costa do que vai ser de todos"

Cuestionamos que se reduza o espazo público na nova ordenación de San Cidre


“Se a modificación fose para conseguir solo para unha dotación público para un servizo para a veciñanza como un xeriátrico ou un centro de día público entenderiamos a urxencia mais para recualificar para construír unha urbanización e unha área comercial sinceramente non vemos que urxencia ten, para non poder agardar á aprobación do Plan Xeral”

"Parece que se quere compensar aos propietarios a causa da reducción de alturas que a Xunta exixe facer no entorno de Os Condes a costa do que vai ser de todos"

Bergondo, 27 de agosto de 2019. O BNG cuestionou a necesidade da nova recalificación en San Cidre promovida por PSOE e Alternativa dos Veciños, "Non entendemos a necesidade nin a urxencia desta recalificación para levala a cabo como modificación das Normas Subsidiarias mentres se está tramitando o PXOM" advertiu o voceiro nacionalista, David Carro.

Os nacionalistas, que estudan xa a fondo o documento da nova proposta en fase de exposición pública. "De entrada vémoslle as mesmas pegas que ao proxecto anterior, nin é necesario construír máis urbanizacións, nin é precisa unha grande superficie comercial nin hai urxencia para aprobar a modificación do actual planeamento en paralelo á aprobación do novo Plan Xeral", abunda o edil nacionalista.

"Isto ven de hai máis de 2 anos atrás, cando o goberno local anunciara un convenio urbanístico con Gadisa, non hai ningunha urxencia", explica o concelleiro do BNG, David Carro. "O urbanismo á carta e a salto de mata non é unha alternativa sostíbel e de futuro para Bergondo", reprocha.

"Nunha primeira lectura hai cousas que non nos gustan" explica o edil do BNG. Así, advirte de que se incrementa a superficie destinada a construcción de vivendas mentres se reducen o solo público, tanto dotacional como de viario público. "Parece que se quere compensar aos propietarios a causa da reducción de alturas que a Xunta exixe facer no entorno de Os Condes a costa do que vai ser de todos", censura.

Falta de xustificación da capacidade do tratamento de augas residuais

“O proxecto non xustifica debidamente a capacidade do tratamento de augas residuais que propón. Contempla que o saneamento conectará coa EDAR de Fiobre, que xa ten problemas neste momento. Hai queixas veciñais continuas polo mal funcionamento desta EDAR até o punto de que a praia do Regueiro en Fiobre leva máis de 5 anos pechada ao baño pola contaminación por fecais da auga e xa está mesmo excluída das analíticas das zonas de baño da Xunta de Galiza”, explicou Carro.

 “Pensamos que faría falta unha información máis polo miúdo do tema de saneamento e depuración de augas residuais no caso de que se aceptase continuar con esta modificación das NSP, estudo que debera cando menos recoller datos sobre a capacidade máxima desta Depuradora, a súa situación actual e os motivos que provocan a mala calidade da auga na zona do Regueiro e as alternativas antes de sobrecargar esta infraestrutura”.

Contrarios á necesidade dunha grande área comercial e de edificios de pisos

"Desde o BNG pensamos que en concellos como Bergondo debemos apostar polo pequeno comercio de proximidade, pola produción propia e a posta en valor dos produtos de calidade e por un desenvolvemento ambientalmente sostíbel" explica David Carro. Consideran as nacionalistas que este modelo "vense demostrando incompatíbel coa instalación de grandes superficies comerciais e hipermercados que teñen unha repercusión directa sobre o pequeno comercio, e que ademais teñen en número máis que suficiente presencia nos concellos limítrofes como Betanzos ou Sada".

“A solución para San Cidre non é seguir promovendo obra nova no núcleo senón preservar o que aínda queda do núcleo tradicional e evitar cambiar a tipoloxía construtiva por outra con usos mais intensivos allea ao que tradicionalmente o caracterizou”, engadiu o concelleiro do BNG.

“Se a modificación fose para conseguir solo para unha dotación público para un servizo para a veciñanza como un xeriátrico ou un centro de día público entenderiamos a urxencia mais para recualificar para construír unha urbanización e unha área comercial sinceramente non vemos que urxencia ten, para non poder agardar á aprobación do Plan Xeral”, concluíu o portavoz municipal do BNG, David Carro.

Cuestionamos que se reduza o espazo público na nova ordenación de San Cidre