Presentamos alegacións ao proxecto de senda e saneamento a carón do río Maior en Lubre

7216b84a-1e58-460b-91a9-088bd68d3a34
David Carro, concelleiro do BNG de Bergondo, coas concelleiras en Sada, Isabel Reimúndez e Laura Pena diante do río Maior

Os nacionalistas inciden tamén na necesidade de colaborar entre os concellos de Sada e Bergondo, os dous que percorre o río Maior, para artellar solucións conxuntas á contaminación do Río Maior que desemboca na praia de Sada, que leva sufrido este verán varios episodios de contaminación este verán

Presentamos alegacións ao proxecto de senda e saneamento a carón do río Maior en Lubre

Bergondo, 3 de setembro de 2019. O BNG presentou alegacións ao proxecto de senda e saneamento a carón do río Maior en Lubre. As alegacións do grupo nacionalista céntranse no trazado do saneamento. “O mencionado proxecto inclue os colectores de saneamento precisos para dar o servizo a parroquia de Lubre. A alternativa escollida, metendo o saneamento a carón do río, constanos que non é a mellor alternativa en termos medioambientais xa que en outros lugares que teñen optado por este sistema téñense producido verquidos directos ao río en épocas de fortes choivas xa que o sistema non o soporta” explicou o portavoz do BNG de Bergondo quen advertiu que “de producirse estes vertidos, as augas baixarían polo río Maior no seu transcurso hacia o núcleo urbano de Sada e por conseguinte irían a parar a Ría, coas consecuencias que iso pode traer”.

Os nacionalistas insisten en que o saneamento en Lubre é fundamental pero é necesario estudar un trazado alternativo que non suscite queixas da veciñanza e que garanta un funcionamento adecuado.

Coordinación co concello de Sada

Os nacionalistas inciden tamén na necesidade de colaborar entre os concellos de Sada e Bergondo, os dous que percorre o río Maior, para artellar solucións conxuntas á contaminación do Río Maior que desemboca na praia de Sada, que leva sufrido este verán varios episodios de contaminación este verán. Os concelleiros e concelleiras do BNG de Bergondo e Sada reuníronse para coordinar alternativas conxuntas a este proxecto.

Presentamos alegacións ao proxecto de senda e saneamento a carón do río Maior en Lubre