Alegrámonos de que o informe da Xunta nos dea a razón sobre o cambio das Normas Subsidiarias en San Cidre
“Só o BNG presentou alegacións a este despropósito. Celebramos que Anova rectificase na súa postura e se poña ao noso lado, tras atacarnos por cuestionar este proxecto e descualificarnos publicamente”
“Presentamos alegacións porque non entendiamos a necesidade nin a urxencia que xustifique unha modificación da Normas subsidiarias mentres se está tramitando o novo PXOM e este informe ven darnos a razón en canto dixemos, moitas veces en solitario”.
Bergondo, 10 de outubro de 2018. A Asemblea Local do BNG de Bergondo, reunida no serán de hoxe, celebrou o contido do informe ambiental estratéxico da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento, delimitación dun polígono de solo urbano non consolidado en San Cidre. “Alegrámonos de que a Xunta se manifeste nestes termos”, asegurou o voceiro do BNG, David Carro.
“Só o BNG presentou alegacións a este despropósito” recordou o nacionalista. “Celebramos que Anova rectificase na súa postura e se poña ao noso lado, tras atacarnos por cuestionar este proxecto e descualificarnos publicamente”, engadiu.
“Presentamos alegacións porque non entendiamos a necesidade nin a urxencia que xustifique unha modificación da Normas subsidiarias mentres se está tramitando o novo PXOM” explicou o voceiro do BNG, que entende que “este informe ven darnos a razón en canto dixemos, moitas veces en solitario”.
“Este proxecto condicionaría a ordenación de San Cidre coa construción dunha área comercial de 2 plantas e máis de 5000 m2 e 55 vivendas en edificios de 2 pisos e baixo, cun area comercial e industrial que duplica a superficie que recolle o PXOM” recordou Carro.
“O proxecto non xustifica debidamente a capacidade do tratamento de augas residuais que propón. Contempla que o saneamento conectará coa EDAR de Fiobre, que xa ten problemas neste momento. Hai queixas veciñais continuas polo mal funcionamento desta EDAR até o punto de que a praia do Regueiro en Fiobre leva máis de 5 anos pechada ao baño pola contaminación por fecais da auga e xa está mesmo excluída das analíticas das zonas de baño da Xunta de Galiza”, explicou Carro, que lembrou que esta foi outra das alegacións que no seu momento presentou o BNG.
“Dende un punto de vista técnico da tramitación o proxecto tampouco cumpre os requerimentos mínimos esixidos para executar o proxecto do bipartito, xa que as presas e a improvisación deixan en evidencia a xestión dun plan que se salta criterios, urbanísticos, paisaxísticos e viarios” aseverou Carro.
“Celebramos que Anova, tras anos de silenzo cómplice apoiando este proxecto cos seus votos e atacando a quen nos opuxemos a el agora mude de criterio e nos acompañe”, apuntou o voceiro do BNG. “Só nos queda darlles a benvida ao sentido común, nunca é tarde se é para ben”, finalizou.